Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  AVISOS   
AVISOS
resumo da reunión do STEG coa Directora Xeral de Saúde Pública e a Consellería de Educación



O STEG rematou hai uns minutos á convocatoria de reunión da Consellería de Educación onde a Directora Xeral de Saúde Pública deu conta das novidades relativas ao proceso de vacinación contra a COVID-19.

 

A Directora informou das principais novidades ao respecto do proceso de vacinación e explicou que logo da suspensión temporal da vacinación de colectivos esenciais por parte do Ministerio, o vindeiro luns 10 de maio completarase a vacinación completa do colectivo de persoas de 60 a 65 anos.

 

De igual xeito, comentou que o Sergas vai citar a toda a pobación de menos de 59 anos pendente de vacinación á maior brevidade. Seguindo os criterios de ámbito estatal independentemente do parecer da representación galega, vaise proceder a vacinar con Pfizer ou ben Moderna, e comentou que están pendentes de que se lles permita vacinar con Jansen. A semana que vén, as persoas citadas serían vacinadas con Moderna, que é da que agora mesmo ten stock o Servizo Galego de Saúde.

 

No relativo á segunda dose para aquelas persoas docentes que xa recibiron a primeira, e tomando como referencia os criterios acordados na Comisión Nacional de Saúde Pública, a vacina de AstraZeneca demorarase 1 mes máis, pospoñendo a decisión á semana 16. Isto implica que será no mes de xuño, cando se resolva con que vacina se administrará a segunda dose. Agora ben, explicou, “a todas as persoas que teñan 60 ou máis anos daráselles a segunda dose con AstraZeneca.” Finalmente, explicou que comezarán a enviarse sms a próxima semana para a reanudación do proceso.

Ao respecto das persoas pendentes de vacinación, moi poucas xa entre o colectivo docente, serán citadas nas vindeiras dúas e tres semanas. A Directora de Saúde Pública comunicou que vai tentar cumprir o compromiso do alumnado que estea rotando polas residencias sanitarias, centros de día e persoas que estean colaborando nos Comedores Escolares.


O STEG lamentou esta demora na administración da segunda dose de AstraZeneca, polo malestar e incertidume que está a causar entre o profesorado, e manifestou a preocupación compartida por varios aspectos como, por exemplo a incidencia do proceso de vacinación no proceso de oposicións, o persoal de MUFACE e as certificacións de vacinación así como as persoas que sexan chamadas para substitucións de aquí a finais de curso ou as persoas que aproben a oposición e deban ser vacinadas cara o comezo de curso.

A este respecto, a Directora Xeral de Saúde Pública manifestou que o buzón de incidencias está funcionando ben e que se están incorporando os datos de persoas que por algún motivo non foran citadas aínda. Reforzouse o servizo de atención telefónica e agora, afirmou, está funcionando correctamente. Ao respecto das certificacións de vacinación afirmou que descoñece o estado deses trámites. No tocante ás persoas discapacitadas con grao 3 están sendo vacinadas e as listaxes están sendo constantemente actualizadas. No tocante a centros de educación especial, se houbese algunha incidencia, débelle ser remitida porque é unha prioridade.

Dende a Consellería, afirmouse que nas dúas últimas semanas non se enviaran a Saúde Pública novas listaxes que agora reanudarán nos vindeiros días. Ao tocante das datas de exames, tentarán coordinar as citacións co calendario de oposicións para as persoas que puidesen ter complicacións a este respecto. Ao respecto das IT, Jesús Bértolo explicou que tentarán ir xerando novas listaxes segundo se vaian producindo novos chamamentos.

Finalmente, a Directora Xeral de Saúde Pública, explicou que están moi avanzados os estudos da vacinación con Pfizer entre a poboación infantil e é probábel que haxa novidades a este respecto no mes de xuño, orientando esta posíbel vacinación ás persoas entre 12 e 16 anos a medio prazo. Pediu, tamén, colaboración das organizacións sindicais para incidir na seguridade de AstraZeneca como unha vacina totalmente segura, pois o parecer de Saúde Pública é que se debera administrar a segunda dose con esta vacina e que non se entende a demora do Ministerio nos resultados destes estudos cando son sobre un grupo de 600 persoas.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal