Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2021-2022
Borrador do Real Decreto de acceso á función pública


*analise técnica, sindical e xurídica do novo RD en PDF
O STEG reuniuse en asemblea xeral diante da inminente publicación do novo Real Decreto de acceso á función pública, cunha importante participación do profesorado interino.


O pasado sábado 29 de xaneiro o STEG celebrou unha asemblea xeral, no camiño de avanzar na defensa das traballadoras e traballadores do ensino público, ao respecto da inminente publicación do novo Real Decreto de acceso á función pública. Así, a Asemblea, que contou cunha importante presenza de profesorado interino, discutiu e debateu o último borrador deste Real Decreto que será publicado a mediados deste mesmo mes, pero tamén se falou da postura da Consellería de Educación ao respecto, así como da situación noutros territorios. Historicamente, ao contrario ca outras organizacións, o STEG defendeu sempre a vía do acceso diferenciado ou dobre vía –aducíndose sempre na dirección contraria que esta posición era inconstitucional- e resulta paradoxal que, cando por fin se pon en marcha, sexa con varias cuestións que suscitan preocupación dentro da nosa afiliación. A este respecto, houbo consenso en estudar e traballar para defender a seguridade xurídica da norma, e foron moitas as voces coincidentes en sinalar que é previsíbel que o novo Real Decreto sexa recurrido legalmente –aducindo inconstitucionalidade- dende diversas frontes. 

                   O STEG entende que garantir a seguridade xurídica da norma comportará garantir tamén a situación e a estabilidade das traballadoras e traballadores que poidan verse afectadas/os pola mesma, polo cal houbo acordo en poñerse a traballar nesta cuestión en coordinación coa nosa asesoría xurídica.
 Paralelamente, a Asemblea puxo de manifesto acordo en varias cuestións que poden e deberan ser melloradas e corrixidas:
    
   -ao respecto dos méritos, no actual borrador contan os méritos realizados en centros privados concertados e, ademais, puidese beneficiar o profesorado de relixión tamén, o cal é inaceptábel para o STEG.

    -estabilización de persoas e non de prazas, pois o STEG entende que é prioritario avanzar no cumprimento da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, isto é, a estabilización das persoas que agora mesmo, como interinas, se encontran nunha situación de inestabilidade, que perxudica o seu traballo e por tanto as súas condicións de vida. Así, resulta necesario por tanto aclarar os criterios para establecer que prazas serán as de estabilización: se cada administración ten que facer o propio co seu persoal contratado non ten sentido que xente doutras comunidades poda acceder as prazas en Galiza. Doutra banda, en moitas especialidades traballan persoas que non tiveron a oportunidade de presentarse a procedementos de selección porque non se convocaron prazas durante moitos anos malia estar vacantes.

    -falta o acceso ao A1 do profesorado de FP; e o STEG observa con preocupación a situación destas compañeiras e compañeiros, non respondendo o borrador polo momento ás necesidades desta parte fundamental do profesorado.

     -necesidade de estreitar a vixiancia sobre o propio proceso de oposición ou curso-oposición; pois, habendo todo tipo de experiencias no desenvolvemento destes procesos –unhas satisfactorias e outras non tanto-, si houbo acordo en avanzar en fórmulas e accións que permitan mellorar a transparencia de todo o proceso así como do seu desenvolvemento.
     - ao respecto das ESAD: neste procedemento de regularización do emprego público por méritos, para o acesso á docencia do ensino superior parece que se vai esixir a ACREDITACIÓN DE TUTELA INVESTIGADORA para as Ensinanzas Artísticas Superiores, e son varias as interrogantes que suscita o texto: se é así, nese caso abondará co título oficial de Máster (o caso da maioria das/dos docentes de EES?  Ou sería necesario o de Doutora/or (que só teñen unhas poucas persoas)? De fondo, comentouse a este respecto, a existencia dunha sentenza que da a razón a unhas persoas que denunciaron unhas/uns funcionarias/os docentes de EESS que aprobaron a oposición pero non dispoñían de dita acreditación.
 
Ademais, profundouse nas implicacións xurídicas e técnicas do que dende algunha organización se vén chamando fraude de lei, pero que realmente ten máis que ver con outros ámbitos –máis laboralizados- da función pública que non exactamente o do ensino, cuestión que a xuízo do STEG non se está tratando con rigor dende algúns ámbitos, o que está a provocar certa confusión entre as traballadoras e traballadores do ensino público galego, especialmente dentro do profesorado interino.

Doutra banda, o STEG acordou apoiar a mobilización convocada pola CUT, en resposta ás afirmacións do Conselleiro sobre o persoal interino, por ser esta coincidente coas posicións do STEG e xulgarse positiva para a súa defensa. Porén, si se xulgou que non é este un xeito idóneo de buscar a unión sindical, en base a unha política de “feitos consumados”: se realmente hai interese en acadar a unión sindical, o propio sería definir de común acordo a acción a realizar, a data e a hora, máis que anuncios unilaterais aos que se pide despois adhesión. O STEG non entende así a unidade sindical, que nos lembra prácticas coñecidas doutras organizacións ao longo do tempo.
     
Finalmente, houbo acordo en volver reunirse unha vez se coñeza o texto definitivo deste novo Real Decreto, o que marcará o camiño do STEG a este respecto, na procura dunha defensa efectiva por todas as vías das traballadoras e traballadores do ensino público galego.

- documento en pdf.
                           
COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
2 DE FEBREIRO DE 2022
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal