Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2021-2022
Solicitude
- Que así como outros cargos, poñamos por caso, xefe/a de departamento, coordinación do equipo de Normalización Lingüística ou do equipo da Biblioteca, os mesmos contemplan unha remuneración economica que recoñeza minimamente estas funcións, quer economicamente, quer con redución de carga horaria, ou ben con ambas as dúas, as/os coordinadores/ as E-Dixgal quedan á marxe, cando están facendo un traballo fundamental, que require tempo e esforzo que non é recoñecido de ningún xeito.

Ben é sabido que, con data 13 de maio de 2021, a Xunta anuncia a incorporación para o curso 21/22 ao programa de libro dixital E-Dixgal un total de 81 novos centros y ampliación á participación de outros 139 a los cursos de 3º y 4º de ESO, co que se dispara o numero de usuarios do programa nun curso escolar.A Xunta de Galicia é sensible a esta situación e en previsión deste notable incremento, modifica o contrato de soporte para o proxecto “Soporte Premium” (expediente: AMT-2018-0010) o pasado 03-03-2021. A cuantificación económica desta modificación é de 670.402,62 €, que supón un incremento do 37,50% sobre o importe do contrato inicial. Sen embargo, esta dignificación positiva no chega a figura do profesor/coordinador Edixgal nos centros educativos, non se contempla para esta persoa, nin nomeamento como cargo retribuído, nin redución horaria estipulada e prefixada, nin dignificación algunha, cando en algún dos casos o traballo se ten duplicado, da xestión de 200 a 400 equipos nun so ano.

- Que ademais de encargarse dos equipos informáticos de cada alumna/o, as persoas que
desenvolven estas coordinacións deben atender tamén as dúbidas do resto das docentes, as pizarras dixitais, os canóns; resolver in situ incluso cuestións técnicas que garantan o menor transtorno da actividade cotiá do centro; actualización de software e hardware dos diferentes equipos; comunicación de incidencias sobre danos, reparacións ou renovacións dos mesmos; cumplimentación de todo tipo de burocracias e papeleos de xeito telemático nas diferentes plataformas habilitadas a tal efecto.

- Que o uso destes equipos e o desenvolvemento destas funcións ocasiona situacións de difícil resolución que, en non poucos casos, saen adiante por un exercicio de vontade individual e compromiso das persoas que levan adiante estas coordinacións: trátase dun feito que se debe solucionar no momento ou alomenos tentalo.

- Que temos constancia de que os centros teñen unha partida para subcontratar unha empresa que se encargue de todo este mantemento –ademais dos servizos que pode prestar a propia UAC- pero, en todo caso, ese soporte técnico non sempre pode responder coa dilixencia ou premura que a incidencia require.

- Que este sindicato ten constancia da mellorábel oferta de MATERIAIS DIXITAIS que están a promover neste momento as editoriais. Son frecuentes a este respecto queixas por parte do profesorado da calidade dos exemplares, a limitada gama de libros dixitais e, ás veces, incluso incompleta dos mesmos, sen menoscabo da importancia da formación continua do profesorado para a elaboración e creación dos propios contidos curriculares, tamén os dixitais.

- Que este sindicado disinte dalgunhas prácticas empresariais deste ámbito que supeditan a mellora dos seus materiais á adquisición de versións premium dos mesmos feito que, na práctica, vén a empobrecer a calidade do ensino.

- Que a maqueta ABALAR implica LIMITACIÓNS DIDÁCTICAS, pois bloquea a gran maioría dos vídeos da rede, independentemente de que teñan contido educativo ou non, dándose o feito paradoxal que, porén, non pon ningún problema para acceder a redes sociais ou plataformas como instagram o discord sen problema, ocasionando envíos latentes de documentos / arquivos ilícitos e, dende logo, moi lonxe do contexto educativo e dun uso pedagóxico destas ferramentas.

O que se pon en coñecemento desta Consellería para facela partícipe de parte dos problemas que actualmente existen nos centros ao respecto da implementación e maior uso das novas tecnoloxías nos mesmos.

E polo anteriormente exposto

SOLICITA:
desta Consellería de Educación que á maior brevidade arbitre as decisións oportunas para o recoñecemento do traballo destas/es profesionais no desenvolvemento destas coordinacións, tomando as accións pertinentes ao respecto, tamén no resto de cuestións que informan este escrito, no camiño de mellorar a calidade do ensino público con accións concretas e perentorias.
Asdo:
Lois Pérez Díaz
Secretario de Organización do STEG Lugo, 10 de DECEMBRO de 2021

- documento en pdf - documento de entrega (código solicitude 11559299)
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal