Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2021-2022
O STEG lamenta o despropósito das novas instrucions de comezo de curso

A Consellería vén de publicar en datas recentes as novas instrucións para o comezo do vindeiro curso que, ao noso criterio, ocasionarán importantes perxuízos ao normal funcionamento dos centros educativos. Ao tempo, establecen alteracións nos dereitos do profesorado. Coa toma de posesión a 1 de setembro, faise imprescindíbel que se respecten e establezan períodos axeitados de preparación do novo curso e coordinación entre o profesorado para garantir a calidade do ensino público. A ausencia de exames nos primeiros días de setembro propicia un ámbito idóneo para avanzar nos centros de secundaria en prácticas que son habituais dende hai moito tempo nos centros de Educación Primaria e Infantil, onde esta primeirísima parte do curso se orienta á preparación da actividade nas aulas.

O STEG entende que a ampliación do calendario escolar –que se amplía a 176 días lectivos- desaproveita esta oportunidade tan clara para mellorar a función docente dende o punto de vista pedagóxico.

Na mesma liña, é moi criticábel o xeito en que se xestionará o reparto dos grupos e os horarios, que agora deberá ser a través dun claustro celebrado durante o mes de xullo, pois neste órgano colexiado dos centros só poderá participar o profesorado con destino definitivo no mesmo para o vindeiro curso. É dicir, aquel profesorado que con seguridade se incorporará ao seu novo centro o 1 de setembro, non vai poder participar na toma de decisións fundamentais para o comezo do novo curso, o que na práctica é unha vulneración flagrante dos seus dereitos como docente e traballadora do ensino público.

O STEG entende que se promove un funcionamento anómalo dos órganos colexiados dos centros dende o punto de vista democrático, o que non axuda en nada á mellora da súa actividade, engadindo elementos de distorsión e caos a estes pois, ao tempo, continúa en vigor a orde que rexe o Regulamento de Organización Interna e a elección de horarios e grupos debe facerse en setembro, ao contrario do que a Consellería pretende con estas reunións en pleno xullo.

Do mesmo xeito, a Consellería impide a atención á diversidade na incorporación do alumnado de educación infantil, limitando o dereito das crianzas a incorporarse dun modo progresivo aos centros escolares, seguindo o seu propio ritmo. Reducir o período de adaptación a unha semana e unificar este proceso que debe ser diferente para cada nena/o, en base a criterios corporativos ou de conciliación familiar, non fai máis que ir en contra dun principio fundamental da LOMLOE, o cumprimento efectivo dos dereitos da infancia.

Doutra banda, estas instrucións alimentan novas esixencias ás direccións dos centros, apurando de xeito innecesario a previsión de profesorado provisional, que de seguro condicionará tamén o clima de convivencia dos centros.

Paralelamente, a Consellería anuncia o estabelecemento de novas aplicacións informáticas de última hora, tal é o caso de PROENS, que non traerán senón máis ca novas complicacións e detraemento de tempo de coordinación pedagóxica real entre o profesorado, coas esixencias de novas burocracias que van no sentido contrario ao desexábel, sen unha planificación formativa realista (anúnciase que será en xullo).

Á vista destas cuestións, o STEG pídelle encarecidamente á Consellería de Educación que rectifique e teña en conta todo o profesorado para a organización e promovendo decisións colexiadas consonte á lexislación vixente.

- documento en pdf

COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG 10 DE XUÑO DE 2022

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal