Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
A Consellaría recorta dereitos ao alumnado do rural ao incumprir o acordo sobre as ratios nos agrupamentos de unidades de Infantil e Primaria

Déixanse de crear máis de 100 postos de traballo tal e como comprometía o acordo. Máis de 100 unidades funcionarán cunha ratio superior á establecida.


No curso pasado o STEG, xunto con outros sindicatos, asinou coa Consellaría un acordo que no seu momento supuxo evitar a supresión de máis de 300 unidades e a creación en dous cursos de máis de 160 novas unidades. Ademais dun acordo que melloraba substancialmente a calidade do ensino público, ía supoñer a creación da máis de 200 postos de traballo (na súa inmensa maioría no rural).

Este incumprimento vai provocar a desigualdade entre centros ao rexerse uns por unha ratio e outros (podendo ser do mesmo concello) por outra distinta. Daranse moitos casos nos que, por exemplo, un centro con 19 alumnos/as de infantil teña dúas unidades e o colexio do lado teña que funcionar cunha soa aula e consecuentemente cun profesor ou profesora menos.

Unha vez máis o argumento da crise segue a recortar onde máis se precisa investir. Ao peche de comedores e de colexios no rural hai que sumarlle agora esta medida, mentres millóns de euros se están a desviar para o ensino clasista concertado mediante subvencións aos colexios que segregan por sexo, a dotación de ordenadores do plan ABALAR, e con toda seguridade na creación de centros plurilingües.

Ante esta situación o STEG inicia hoxe un conxunto de medidas de carácter informativo e mobilizador con obxectivo de que no inicio do vindeiro curso toda a comunidade educativa se manifeste contra esta traizón ao profesorado e ao ensino no rural co que se tiña adquirido un compromiso.


AMPLIACIÓN DA INFORMACIÓN SOBRE O ACORDO

Ata o curso 2008-2009, para agrupar nunha mesma unidade, e dicir nunha mesma aula, alumnado de distintos cursos ou mesmo de distintos ciclos, a consellaría viña manexando, con carácter xeral,os seguintes criterios:
- alumnado de distintos cursos ou ciclos de Primaria: máximo de 16 alumnos
- alumnado de educación Infantil: máximo de 20 alumnos

A finais de 2009 a Consellaría mandou unha circular á inspección segundo a cal para o seguinte curso se podería agrupar en todos os niveles ata un máximo de 20 alumnos por aula.
Esta circular supoñía a supresión de máis de 300 unidades de Ed. Infantil e Primaria ao pasar de 16 a 20 o nº de alumnado que podía haber nunha unidade de primaria.
Loxicamente case a totalidade dos centros afectados estaban no rural.

A unánime oposición sindical a esta medida conseguiu que a consellaría retirase a circular e se abriran negociacións para estipular as ratios no caso de agrupamentos de distintos niveis.

Como froito desas negociacións, o STEG, CCOO, UXT e ANPE acadamos un histórico acordo coa administración que se resume nos seguintes criterios:
- alumnado do mesmo ciclo de primaria: máximo de 14
- alumnado de distintos ciclos de primaria: máximo de 12
- alumnado de toda a etapa: máximo de 10
- alumnado de educación infantil: máximo 14
- alumnado de educación infantil se hai de 3 anos: máximo de 12
- alumnado de infantil e primaria: máximo de 10

Este acordo sen ningunha dúbida é o mellor que se ten asinado en todo o estado en canto a ratios.

Aparte de evitar o peche de máis de 300 unidades significaba a creación de máis de 160 novas unidades. Subliñar por exemplo que no ensino infantil o alumnado máximo por unidade (aula) baixaba de 20 a 14 ou 12 segundo o caso.

As supresión de unidades xa estaba paralizada e para a creación das novas, o acordo contemplaba un 50% no curso 2009-2010 e o 50% restante no curso 2010-2011.

Segundo os nosos datos, para este curso queda pendente a creación de 104 novas unidades repartidas por provincias como segue:

 
Infantil
Primaria
Total
A Coruña
30
6
36
Lugo
16
12
28
Ourense
4
1
5
Pontevedra
29
6
35
TOTAIS
79
25
104

 Secretariado Nacional do STEG
xullo 2010

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal