Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Concentración diante da Consellería

ACORDO AGRUPAMENTOS

Hoxe, venres día 10 de setembro, o STEG xunto coas organizacións sindicais ANPE, CCOO, FETE-UXT e CSIF concentrámonos diante da Consellería de Educación e O.U. para facer que se cumpra o acordo de Agrupamentos do alumnado de educación infantil e primaria, asinado o día 10 de xullo de 2009 pola Consellería e os sindicatos ANPE, CCOO, FETE-UXT e STEG, e ao que posteriormente se adheriu CSIF

Nese histórico acordo as agrupacións do alumnado quedaron do seguinte xeito:

- alumnado do mesmo ciclo de primaria: máximo de 14
- alumnado de distintos ciclos de primaria: máximo de 12
- alumnado de toda a etapa: máximo de 10
- alumnado de educación infantil: máximo 14
- alumnado de educación infantil se hai de 3 anos: máximo de 12
- alumnado de infantil e primaria: máximo de 10

Aparte de evitar o peche de máis de 300 unidades significaba a creación de máis de 160 novas unidades. Subliñar por exemplo que no ensino infantil o alumnado máximo por unidade (aula) baixaba de 20 a 14 ou 12 segundo o caso.

En dito acordo quedou plasmado que a creación de novas unidades, froito das novas agrupacións, de educación infantil e primaria realizaríase progresivamente e de forma proporcional nos cursos 2009-2010 e 2010-2011, de tal xeito que a súa aplicación estaría rematada no curso 2010-2011.

Unha vez conseguido que no curso 2009-2010 se materializaran o 50% dos agrupamentos a Consellería, de xeito unilateral, decidiu conxelar os correspondentes ao curso 2010-2011.

Esta conxelación suporá que se deixen de crear máis de 100 postos de traballo, que máis de 100 unidades funcionarán cunha ratio superior á establecida e que quedarán pendentes a creación de 104 novas unidades.

 

Secretariado Nacional do STEG
Setembro 2010


As actuacións feitas polo STEG ata o día de hoxe, na súa loita por facer que se cumpra o Acordo as tedes a continuación:

Decepcionante actitude do grupo parlamentar do PPdG ao xustificar o incumprimento do Acordo e só comprometerse a preguntar aos responsábeis de Educación os motivos do incumprimento.

No mes de agosto, o responsable de educación do PPdG, Román Rodríguez, recibiu ao STEG para falar do incumprimento do Acordo de agrupamentos. Despois de trasladarlle os datos de centros afectados a resposta foi xustificadora do incumprimento, argumentando que podía haber razóns como a crise ou a demografía (argumento que non entendimos). Insistimos en que sendo o partido que sustenta ao goberno agardabamos unha maior implicación sabedores, vistos os datos presentados polo STEG, de que non se podía xustificar pola situación de crise.

A CONFAPA comprométese a informar ás nais e país afectados polo incumprimento do acordo de agrupamentos

No mes de xullo una representación do Secretariado Nacional de STEG reuniuse co presidente da CONFAPA Virxilio Gantes. Nesta xuntanza trasladámoslle os datos dos centros afectados polo incumprimento do acordo de agrupamentos e informámoslle dos centros que ían sufrir discriminación con respecto ao ano anterior no que xa houbo unidades desdobradas.
Desde a CONFAPA agradeceron a información facilitada polo STEG comprometéndose a denunciar o incumprimento do acordo e trasladar a información ás ANPAs afectadas.

FOANPAS (Federación Olívica de ANPAS) ofrécelle ao STEG servir de interlocutores entre as ANPAS de Vigo e as Federacións de ANPAS do Sur de Pontevedra para dar a coñecer a denuncia do sindicato sobre o incumprimento do acordo da Xunta coas centrais sindicais sobre a ratio de alumnado nos agrupamentos de unidades de infantil e primaria.


Representantes do STEG, Mercedes Alonso e Tereixa Dacosta, reuníronse o pasado venres, día 30 de xullo, coa Presidenta de FOANPAS, Mónica Touza e Bertila Fernández, para darlle a coñecer que, de facerse efectiva a conxelación do acordo anunciada por Educación, deixaríanse de crear as 104 novas unidades previstas en todo o país no 2º ano de aplicación do acordo e moitas funcionarían con ratios de alumnado por riba da media. Aínda que esta medida non repercutiría en grande medida aos centros do Concello de Vigo, si afectaría a moitos Concellos da provincia de Pontevedra. 21 Concellos da provincia están afectados por esta medida que suporía a non creación de 32 unidades de non se cumprir o acordo.

Este encontro enmárcase na campaña que o sindicato do ensino está a realizar para informar sobre o incumprimento por parte da Xunta do acordo subscrito cos sindicatos sobre as ratios nos agrupamentos de infantil e primaria.

Os grupos parlamentares do PSdG e do BNG ofrécenlle ao STEG a súa colaboración para que se cumpra o acordo da Xunta coas centrais sindicais sobre a ratio de alumnado nos agrupamentos de unidades de infantil e primaria

Representantes do secretariado nacional do STEG informaron a Guillerme Meijón (PSdG) e Carme Adán (BNG) en distintas reunións mantidas hoxe, dia 21 de xullo, no Parlamento que, de facerse efectiva a conxelación do acordo anunciada por Educación, deixaríanse de crear as 104 novas unidades previstas no 2º ano de aplicación do acordo e moitas funcionarían con ratios de alumnado por riba da media.

 

 


A representante do BNG e o representante do PSdG recibiron, ao igual que o pasado venres o Presidente da FEGAMP, aos membros do Secretariado Nacional do STEG, Maiuca Cortón e Pepe Cabido. Este encontro enmárcase na campaña que o sindicato do ensino está a realizar para informar sobre o incumprimento por parte da Xunta do acordo subscrito cos sindicatos sobre as ratios nos agrupamentos de infantil e primaria.

A FEGAMP ofrécelle ao STEG a súa mediación para que se cumpra o acordo da Xunta coas centrais sindicais sobre a ratio de alumnado nos agrupamentos de unidades de infantil e primaria

Representantes do secretariado nacional do STEG informaron a Carlos Fernández que, de facerse efectiva a conxelación do acordo anunciada por Educación, deixaríanse de crear as 104 novas unidades previstas no 2º ano de aplicación do acordo e moitas funcionarían con ratios de alumnado por riba da media

O presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro, ven de recibir, hoxe día 16 de xullo, aos membros do Secretariado Nacional do STEG, Maiuca Cortón e Pepe Cabido. Este encontro enmárcase na campaña que o sindicato do ensino está a realizar para informar sobre o incumprimento por parte da Xunta do acordo subscrito cos sindicatos sobre as ratios nos agrupamentos de infantil e primaria.

Segundo explicou o STEG a consecuencia desta conxelación do acordo non se crearán as 104 novas unidades previstas, non os mais de 100 postos comprometidos. Ademais podería chegarse a incumprir a propia LOE ao ter alumnado matriculado por riba das ratios establecidas. Outra consecuencia deste incumprimento será a desigualdade entre centros e Concellos afectados xa que se dará o caso de que nun mesmo concello haberá centros cunha ratio distinta. Algún exemplo disto son os seguintes centros e concellos:

Exemplos de centros onde se cumpriu o acordo o curso pasado:
EEI Caamaño. Porto do Son
CRA de Tui o curso pasado creáronlle dúas novas aulas polo acordo que van seguir funcionando este curso, mentres que no CEIP de Randufe non llo van conceder este ano.
CRA da Picaraña. Ponteareas. A unitaria de A Portela hai un desdobre desde o pasado curso
CEIP de Armenteira. Meis
CRA Antía Cal. Gondomar.
Concellos nos que vai haber "agravio comparativo": Porto do Son, Tui, Ames, Boiro,Vilalba...ata 66 en total.


O presidente da Fegamp comprometeuse a trasladar a información recibida aos concellos afectados e a súa vontade de mediar para que se cumpra o acordo entre a consellería de Educación e os sindicatos.

O tempo é un factor importante, segundo apuntaron os representantes do STEG, xa que este mesmo mes se está a comunicar a cobertura de prazas vacantes para o vindeiro curso.
Nos vindeiros días continuaremos a rolda de reunións cos grupos parlamentares do Parlamento de Galiza seguindo coa campaña informativa que remate coas mobilización de setembro se a Consellaría segue a incumprir o que asinou co STEG e as outras centrais sindicais.


 

A Consellaría recorta dereitos ao alumnado do rural ao incumprir o acordo sobre as ratios nos agrupamentos de unidades de Infantil e Primaria

Déixanse de crear máis de 100 postos de traballo tal e como comprometía o acordo. Máis de 100 unidades funcionarán cunha ratio superior á establecida.


No curso pasado o STEG, xunto con outros sindicatos, asinou coa Consellaría un acordo que no seu momento supuxo evitar a supresión de máis de 300 unidades e a creación en dous cursos de máis de 160 novas unidades. Ademais dun acordo que melloraba substancialmente a calidade do ensino público, ía supoñer a creación da máis de 200 postos de traballo (na súa inmensa maioría no rural).

Este incumprimento vai provocar a desigualdade entre centros ao rexerse uns por unha ratio e outros (podendo ser do mesmo concello) por outra distinta. Daranse moitos casos nos que, por exemplo, un centro con 19 alumnos/as de infantil teña dúas unidades e o colexio do lado teña que funcionar cunha soa aula e consecuentemente cun profesor ou profesora menos.

Unha vez máis o argumento da crise segue a recortar onde máis se precisa investir. Ao peche de comedores e de colexios no rural hai que sumarlle agora esta medida, mentres millóns de euros se están a desviar para o ensino clasista concertado mediante subvencións aos colexios que segregan por sexo, a dotación de ordenadores do plan ABALAR, e con toda seguridade na creación de centros plurilingües.

Ante esta situación o STEG inicia hoxe un conxunto de medidas de carácter informativo e mobilizador con obxectivo de que no inicio do vindeiro curso toda a comunidade educativa se manifeste contra esta traizón ao profesorado e ao ensino no rural co que se tiña adquirido un compromiso.

Secretariado Nacional do STEG
Xullo 2010

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal