Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Iniciamos o curso con menos profesorado, menos servizos e con máis propaganda e privatización

INICIO DO CURSO 2010-2011

Iniciamos o curso con menos profesorado, menos servizos e con máis propaganda e privatización
Para o STEG o tempo transcorrido desde que o actual equipo da Consellaría inicia a súa andaina de goberno xa é dabondo para facer unha análise do que lle agarda ao ensino público. Deténdonos a facer unha valoración das decisións e medidas postas en práctica, só atopamos unha interpretación da educación desde parámetros economicistas e non como un dereito da cidadanía que, ben xestionado, engade valor ao conxunto da sociedade. Ademais podemos afirmar que a xestión educativa estivo e está presa por grupos de presión alleos a ela o que non permite unha aposta clara e decidida por un ensino de calidade. Estes grupos de presión, nomeadamente patronal da concertada e os grupos contrarios á aprendizaxe do galego, levan a que a Consellaría estea máis preocupada da propaganda que dunha xestión de calidade e eficaz.
Faremos unha breve escolma que xustifique os cualificativos do STEG a esta política neste inicio de curso:

REDUCIÓN DE PROFESORADO: case 1000 profesores/as menos segundo ás nosa previsións

Desde o STEG denunciamos a dificultade que tiñan os centros coas inspeccións en canto aos cadros de persoal. En secundaria a inspección estaba a traballar cun cadro que non se negociou na Mesa Sectorial, atribuía profesorado en función do número de grupos o que levou a moitos centros a contar cun cadro de 11 profesionais menos. Ademais impediuse en moitas ocasións o desdobre de grupos para unha atención individualizada e de calidade. Todas estas medidas educativas víñanse realizando estes anos sen dificultade.
En Infantil e Primaria dificultan a concesión de profesorado de apoio e de profesorado especialista en PT e AL.
Esta política que só atende a números desatende ao alumnado e os seus problemas, elimina o traballo dos centros contra o fracaso escolar e en definitiva dificulta un ensino de calidade e futuro.

PECHE DE ESCOLAS NO RURAL E DE COMEDORES

O peche de outras dezanove escolas no rural é outro exemplo dun frío cálculo que non optimiza outros valores como a importancia do rural para o conxunto do país. A aposta polo rural ten como eixo o asentamento da poboación que só é posíbel co mantemento, cando non aumento, dos servizos públicos.
Neste dislate de política resulta indignante o peche de comedores escolares para poñer o servizo en mans de empresas privadas. Entre as “perlas” coas que nos agasalla esta Consellaría están as seguintes: facer viaxar a crianzas de curta idade case dúas horas diarias polo montes de Lugo, contratar servizos a 7 euros que hai que pagar, aínda que non se xante e mesmo nos meses das vacacións; pechar un comedor e desviar ao alumando a outro onde hai que contratar a outra cociñeira aumentando o gasto do transporte, saír a xantar a un restaurante....

A CREACIÓN DO CONFLITO LINGÜÍSTICO

Resulta imposíbel atopar situacións educativas de conflito lingüístico como a xerada por esta irresponsábel Consellaría. A presión mediática e a ansia de agradar a electorado fóra de Galiza xunto coas expectativas persoais de poder, está a levar a esta Consellaría un ataque sen precedentes á lingua tanto no ensino como no seu valor social. Onde había unha función do profesorado tranquila e centrada no alumnado para a aprendizaxe das linguas, agora nos situamos nun escenario de imposición e prohibición do uso da lingua.
Esta política está botar pola borda todo o esforzo (económico tamén) aínda que fose pouco o conseguido nestes anos de lexislación de protección (cativa, mais consensuada) da lingua.
Agardamos que comece a imperar o sentido común e que a Xustiza nos devolve o que a mediocridade política impide e ao mesmo tempo que a administración no obstaculice o labor do profesorado con actuación nunca realizadas.
O que resulta de todo rexeitábel é o disparate que supón tirar os libros de texto en galego, dar axudas para a seu cambio e gastar 1000000 millón de euros para explicar o decreto de galego.

CENTROS PLURILINGÜES E PLAN ABALAR: SUBVENCIÓN Á CONCERTADA

A que pretendía ser a medida estrela do goberno convértese nun fracaso absoluto e no desvío de cartos cara a privada. Só 52 centros de toda Galiza serán centros plurilingües, é dicir, un 3% do total. O máis grave aínda é que case a metade son centros privados concertados cando só representan o 20%dos centros do País.
Cómprese o que xa denunciou o STEG na mesa sectorial: sería un programa para a concertada, acostumada a toda subvención, ao facela ao final de curso e durante o verán.
Ademais seguiu a ese un exemplo do uso da Consellaría de educación propaganda falseadora da realidade xa que se denomina centro plurilingüe ao que imparta unha materia en inglés.
Alarmante resulta a falla de control que determine a adquisición plena da lingua propia e da outra lingua oficial de Galiza, xa que centros concertados están a aplicar esta medida nas materias a impartir en galego. Os centros plurilingües poden converterse no inicio da base que as galegas e galegos tiñamos para conseguilo máis doadamente: a nosa riqueza lingüística.

O mesmo cabe dicir do PLAN ABALAR. Gabarse este Conselleiro de dotar ordenadores nos centros cando a maioría dos portátiles se concederon ao alumnado da privada e das cidades é una medida do interese da súa política. Se a isto engadimos que nin os portátiles están nas aulas cando xa comezou o curso, e que o concurso discriminou á publica e ao rural temos que falar dunha moi deficiente xestión.

Grave foron as palabras dos responsábeis políticos dicindo que o profesorado da concertada facía mellor as cousas que o da pública e por iso tiveron acceso aos portátiles. Esqueceuse a Consellería de primeiro amañar os centros para que puideran cumprir os requisitos técnicos e dun plan de formación para habilitar ao profesorado. É responsabilidade última do Conselleiro e do seu equipo prever as situacións que as normativas que emanan do seu Departamento poden producir,e non facelo, só fala dunha deficiente xestión.


ADXUDICACIÓN PROVISIONAL

Temos coñecemento e denunciamos o escurantismo en certas adxudicacións de destinos provisionais. A administración ten a obriga da transparencia e de facer pública calquera adxudicación que se faga fora do concurso para xustificar debidamente a súa concesión.

Desde o STEG seguirmos a denunciar esta deriva da Consellaría esixindo que se poña a traballar por e para un ensino público galego de calidade



 Documento en pdf para imprimir

Secretariado Nacional do STEG
setembro 2010

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal