Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
O STEG apoia o manifesto e a concentración promovida polas familias do CEIP de Doiras

Os pais e nais de alumnos do C.E.I.P. Ponte de Doiras (Cervantes), 

MANIFESTAMOS 

1º .- O pasado mes de abril enterámonos polos medios de comunicación que a Consellería de Educación tiña previsto pechar o servizo de cociña do C.E.I.P. Ponte de Doiras e pasar a ser atendido este por unha empresa privada a través dun sistema de catering.
2º .- No mes de maio, unha representación das nais e pais do C.E.I.P. Ponte de Doiras, mantivemos unha reunión coa Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, para trasladarlle o noso malestar pola forma e o contido da citada decisión e demandar que se siga prestando o servizo de cociña no citado Colexio.
3º .- O último día do pasado curso escolar, responsábeis da Delegación de Educación en Lugo, comunicaron ao Director do C.E.I.P. Ponte de Doiras que se ía seguir prestando o servizo de cociña no citado colexio.
4º .- O pasado 10 de setembro, primeiro día de clase do curso escolar 2010-2011, comprobamos que o compromiso anunciado polos responsábeis da Xunta de Galiza en Lugo non se cumpre e que o xantar dos nosos fillos se vai facer no colexio de San Román e trasladalo logo a Doiras.
5º.- As nais e pais do C.E.I.P. Ponte de Doiras non compartimos nin aceptamos esta decisión da Consellería de Educación, pola perda de calidade na alimentación dos nosos fillos e fillas, a discriminación e a falta de respecto que supón para toda a comunidade educativa do C.E.I.P. Ponte de Doiras.
6º.- Como medida de presión decidimos unanimemente non aceptar o xantar dos nosos fillos nesas condicións e negámonos a envialos ao colexio mentres a Consellería de Educación non cumpra o prometido e se preste o servizo de cociña no Colexio de Doiras como se veu facendo até o de agora. Tamén temos solicitada unha entrevista co Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para demandar unha solución urxente a este grave problema escolar, e que aínda non foi atendida.
7º.- A maiores, decidimos facer unha CONCENTRACIÓN en Lugo, diante do  Edificio da Xunta na Ronda da Muralla, o vindeiro venres, 24 de setembro,  ás12:00 horas, para esixir da Consellería de Educación e Ordenación  Universitaria que se preste o servizo de cociña no citado Colexio de Doiras. 

A modo de conclusión, e tralo mutismo absoluto por parte da consellería,  da que solo sae para ameazar e coaccionar, as nais e pais, máis unidos que nunca, estamos decididos a seguir loitando polos dereitos dos nosos fillos/as e asumimos a responsabilidade de educalos nas mellores condicións posíbeis, dentro da educación pública e gratuita, por iso esiximos da administración galega un servizo educativo que satisfaga as necesidades e demandas do alumnado do C.E.I.P. Ponte de Doiras en igualdade de condicións co resto do alumnado galego.

Por todo isto, queremos convidar a vostede e a organización que representa, a participar e apoiar a concentración do venres, 24 de setembro, en Lugo, para demandar da Consellería de Educación que os nenos e nenas do Colexio de Doiras se poidan escolarizar nas mesmas condicións que o resto dos nenos galegos.

Reciba un cordial saúdo.

 

 

Doiras, a 20 de setembro de 2010
Pais e nais do C.E.I.P. Ponte de Doiras

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal