Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
Convocatoria conxunta de folga nas EOIs polas organizacións sindicais STEG, CIG, CCOO e FETE-UGT

CONVOCATORIA DE FOLGA NAS EOIs

As organizacións sindicais  CIG, CCOO, FETE-UGT e STEG temos intención de convocar á folga ao persoal docente das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Galiza para os días 9 e 10 de setembro co obxecto de que a Consellaría de Educación retire  a circular das EEOOII

Como é sabido, a Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional publicou a circular 5/2009, sen previa negociación, na que se ditan instrucións sobre o procedemento de admisión e matrícula e organización académica nas EOI para o curso 2009-2010.

Esta circular supón un retroceso importante no horario lectivo, complementario e nas reducións horarias por desempeño de diferentes funcións realizadas nos centros, que estaban fixadas na circular 10/2004 e no Regulamento Orgánico de Centros.
En consecuencia, os motivos nos que nos fundamentamos para convocar a folga son:

  1. Exixir a retirada da circular 5/2009, por non estar negociada,  implicar un retroceso  significativo na calidade do ensino dos idiomas e empeorar as condicións de traballo do profesorado. Esta circular  ven a  substituír  a circular 10/2004, negociada na Mesa Sectorial no ano 2004  e sobre a cal as Escolas Oficiais de Idiomas xa  estaban organizando o próximo curso por indicación das propia inspección   educativa.
  2. Por non negociar, como é  preceptivo, na Mesa Sectorial todas aquelas cuestións que afecten ás condicións de traballo do profesorado. A circular 5/2009 supón un retroceso importante no horario lectivo complementario e nas reducións horarias por desempeño de diferentes funcións e cometidos nos centros, fixados na circular 10/4004 e no ROC.
  3. Con está  circular a Consellaría  pretende que, con carácter xeral, todo o profesorado imparta docencia a catro grupos ordinarios, traendo como consecuencia a  reestruturación drástica do número de profesorado. Si  se pasa de 3 a 4 grupos sobra o 30 % do cadro de persoal e  desaparecen as horas lectivas complementarias (unhas clases complementarias de reforzo de destrezas, hoxe máis necesarias ca nunca).

  Agardamos que o  onselleiro de Educación rectifique, retire a circular 5/2009 e, en todo caso, abra un proceso de negociación; única maneira de impedir a Folga.

  CIG                 CCOO            FETE-UGT                STEG

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal