Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
A Consellería de Educación elimina as prazas do profesorado para a integración da etnia xitana
Desde o STEG denunciamos a desaparición deste programa importante para a integración deste colectivo polo que esiximos a inmediata recuperación do programa para este curso.

No curso pasado existían en Galiza 29 prazas (o número variaba cada curso) de mestras e mestres coa denominación de CEIP Integración Etnia Xitana que eran nomeados co obxectivo de facilitar a integración deste alumnado. O seu cometido ía máis aló que o da atención ao alumnado ao traballar coas familias das nenas e nenos. Podemos dicir que, en liñas xerais, o programa funcionaba ben e cumpría os obxectivos cos que nacera.

Consultados os centros, afirman que o profesorado co que contan este curso é preciso para o desenvolvemento de necesidades académicas ordinarias, entre as que non se contemplarían o apoio específico a este alumnado, tal e como si se viña facendo en cursos anteriores (ao non contar este curso con profesorado nomeado para tales efectos).

A Consellería de educación está a recortar no ensino programas necesarios para o desenvolvemento dun ensino integrador, inclusivo, democrático  e igualitario. O dereito a un ensino en igualdade de condicións é unha obriga da Administración educativa e con esta medida está a diminuír a atención á diversidade e con elo a calidade do sistema público de ensino.

O STEG esixe que a administración dote aos centros do profesorado preciso para cumprir todas as necesidades e que nos centros onde existe alumnado de etnia xitana envíe profesorado específico para este cometido.

Estamos ante outro ataque á calidade do ensino público coa gravidade de que se diminúe a atención a un colectivo que precisa

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal