Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Seguen a desmantelarse os servizos no rural

A supresión do ciclo de Instalacións electrotécnicas no IES de Curtis amosa a vontade da Consellaría de desmantelar os servizos no rural e levar a mínimos a FP.

O STEG demanda á Consellaría que rectifique na súa decisión de suprimir o ciclo de Instalacións electrotécnicas en Curtis a pesares de superaren (9 solicitudes) o mínimo de solicitudes de matrícula, que é de 8, esixido no rural para manter o ciclo. A Consellaría escúsase na formalidade dos prazos, tantas veces incumpridos pola propia administración, para suprimir un ciclo que responde á demanda do alumnado. Con esta decisión, facilmente reversible aínda a estas alturas, a Consellaría amosa a vontade de recortar gastos aínda a costa de conculcar dereitos fundamentais. O discurso da liberdade e a igualdade de oportunidades do que tanto se gaba non o aplica cando se trata de garantir ao alumnado de contornas rurais o mesmo dereito a formarse que ao alumnado de contornas urbanas con maior oferta. 

O profesorado mesmo se ofreceu a impartir máis horas das que obriga a lei para facilitar a súa impartición sendo esta alternativa non tida en conta pola dirección xeral de Ordenación educativa.

Ademais moitos dos alumnos e alumnas matriculados neste ciclo son doutras localidades (Santiago, Betanzos...) onde non puideron acceder por exceder o número de matriculados na súa localidade. Esta decisión incomprensíbel da Consellaría obriga ao alumnado, se quere cursar o ciclo, a desprazarse a centos de quilómetros da súa localidade. 

Dende o STEG lembramos que esta supresión, que non cumpre os propios criterios fixados pola Consellaría, súmase á realizada a comezos deste curso con criterios que o STEG xa denunciou como inxustos para o conxunto do pais e especialmente graves para o rural.

Hoxe rexistramos a nosa demanda na Consellaría de educación coa esixencia de que se atenda a petición da comunidade educativa.

Secretariado Nacional do STEG
Outubro de 2010

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal