Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  RECURSOS/PUBLICACIÓNS   
RECURSOS PARA TRABALLAR A ALTERNATIVA Á RELIXIÓN
Intencións desta guía de recursos
Esta guía realizouse coa intención de servir como axuda aos Centros Educativos á hora de concretar as medidas organizativas que requiren as sesións de alternativa á relixión.
 
Entendemos que será de moita utilidade á hora de desenvolver actividades para unha sesión que se atopa pouco ou nada definida e na que as/os docentes se ven necesitadas/os de recursos claros, estruturados e netamente educativos. A actual disrupción ou baleiro educativo non é unha opción.
 
Estas actividades deben figurar na Programación Xeral de Centro e o claustro deberá elixir aquelas que se van desenvolver nos diferentes niveis, comprometerse coa súa programación e facelas constar para informar adecuadamente as nais e pais durante a matriculación.
 
A lexislación vixente establece que as nais, pais ou titores o inicio da Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria manifestarán a vontade de que as súas fillas e os seus fillos reciban ou non ensinanzas de relixión. Esta decisión, que poderá ser modificada ao principio de cada curso académico (durante o mes de setembro) mediante escrito dirixido á dirección do centro docente, e arquivarase no correspondente expediente académico.
 
O alumnado que non solicitou que lle sexan impartidas ensinanzas de relixión, serán atendidos por unha profesora ou profesor do centro, que dirixirá e orientará actividades educativas alternativas axeitadas á idade do alumnado. Esta atención, en ningún caso, comportará a aprendizaxe de contidos curriculares asociados ao coñecemento do feito relixioso nin a ningunha área da etapa. Concretamente a lexislación establece que:
 “Os centros docentes disporán as medidas organizativas para que os alumnos e as alumnas cuxos pais ou titores non opten por que cursen ensinos de relixión reciban a debida atención educativa, a fin de que a elección dunha ou outra opción non supoña discriminación algunha. Dita atención, en ningún caso, comportará a aprendizaxe de contidos curriculares asociados ao coñecemento do feito relixioso nin a calquera área da etapa. As medidas organizativas que dispoñan os centros deberán ser incluídas no seu proxecto educativo para que pais e titores coñézanas con anterioridade.”
 
Cremos oportuno que se teña en consideración que unha Actividade Educativa para cumprir como Debida Atención Educativa debe plasmar na súa redacción os seguintes requisitos:
  • Propor uns obxectivos útiles e claros para a educación.
  • Dispor dunha programación, un programa, unha secuencia de accións encamiñadas ao obxectivo que se pretende lograr. Debe ter unha estrutura organizada e sistemática e un criterio de intencionalidade educativa.
  • Expor as competencias básicas e aqueles contidos que van impartirse.
  • Servirse de estratexias metodolóxicas adecuadas.
  • Indicar as condutas que se esperan do alumnado.
  • Expor as necesidades en recursos e materiais facilitados.
  • Establecer ritmos de traballo apropiados no desenvolvemento do curso.
  • Expor métodos de avaliación pertinentes
Esperamos que esta guía sirva como estímulo e orientación xeral. Os obradoiros que presentamos pódense desenvolver no sentido en que se expoñen ou adaptarse ás necesidades do grupo ou á iniciativa da/o docente.  Non están todas os posibles e, desde logo, pódense engadir aqueloutras actividades educativas que vos parezan oportunas. Neste sentido a guía permanece viva e aberta ás aportacións que todas e todos vós queirades facer.

Buscamos facilitarlle o traballo ao profesorado para que se oferten obradoiros e actividades o suficientemente atractivos para ser quen de ir aumentando pouco a pouco a asistencia. O profesorado ten moito que dicir e que facer, xa que na súa man está non converter estas horas en “clase de nada”.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal