Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  RECURSOS/PUBLICACIÓNS   
OUTROS RECURSOS EDUCATIVOS
Día 4 de novembro. Día da Ciencia en Galego
Desde o STEG queremos celebrar a iniciativa de promover o día 4 de novembro como día da Ciencia en Galego. Desexamos que esta data sexa a porta que incite á reflexión sobre o papel da ciencia na nosa cultura, e pularemos para que, máis alá dunha celebración puntual cada ano, sexa unha práctica cotiá no labor educativo.

Pensar cientificamente é pensar criticamente; xa que logo, formar ao noso alumnado nun rigoroso pensamento científico é a mellor ferramenta posible para loitar contra a manipulación e a demagoxia que pretende convencernos, por exemplo, de que o galego non é unha lingua apta para facer Ciencia. Convidámosvos, xa que logo, a sumarvos desde o voso centro a esta iniciativa que bota a andar este ano,realizando algunha das actividades propostas en http://www.cienciaengalego.org/ ou promovendo outras que podedes compartir cos demais centros do país a través desta mesma páxina web.

Desde o STEG propoñémosvos para que incluades nas actividades deste día 4 de novembro unha reflexión sobre as mulleres galegas que veñen facendo ciencia dende hai décadas, desafiando prexuízos que aínda hoxe arredan ás nosas alumnas do ámbito científico-técnico. Cremos que son un exemplo valiosísimo do que queremos transmitir este día: que nas nosas mans está eliminar as fronteiras dos dereitos. Que nas nosas mans está conquistar O dereito a gozar da ciencia en galego.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal