Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
O STEG anima ao profesorado a formular Recurso de alzada contra a instrución 3/2010
A Instrución 3/2010 da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia de 9 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2010-2011, di que non pode facer uso do servizo do comedor escolar aquel profesorado que non atenda dito comedor.

O STEG entende que a causa da citada exclusión radica na arbitraria interpretación que a Consellería fai no punto 4 da Instrución, segundo a cal sería condición necesaria para o uso do comedor polo persoal docente ou laboral do centro que “o comedor teña cubertas as súas necesidades de colaboradores con persoal do centro".

Esta interpretación é inaceptable ao ser contraditoria e vulnerar o disposto polo DECRETO 10/2007 que, claramente, establece no artigo 8.1. que “poderán ser usuarios do servizo de comedor escolar (...) “c) o profesorado e persoal non docente do centro” condicionando este dereito única e exclusivamente “á existencia de prazas vacantes e a que se dispoña de persoal colaborador suficiente para a atención do alumnado”. Polo tanto así interpretada a Instrución 3/2010 vulnera o principio de xerarquía normativa consagrado no artigo 51 da L30/1992, en canto establece que “ningunha disposición normativa poderá vulnerar os preceptos doutra de rango superior” debendo reputarse nulas de pleno dereito, de acordo coa doutrina do Tribunal Supremo (STS 5/02/1992 Sala 3ª Sección 3ª), todas aquelas disposicións normativas contrarias ás leis e ao principio de xerarquía normativa.

De acordo co exposto, a instrución 3/2010  debe reputarse nula de pleno dereito por vir a limitar ou restrinxir un dereito expresamente recoñecido por unha norma de rango superior.

O STEG anima a todo o profesorado que vexa recortado o  seu dereito a utilizar o servizo de comedor, nas condicións que establecen tanto o Decreto como a Orde, a formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza.

Secretariado Nacional do STEG
novembro 2010
Modelo de recurso de alzada
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal