Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
A Consellería inhíbese das súas funcións

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ABANDONA Á COMUNIDADE EDUCATIVA AO NON DECIDIR SE SE PECHAN OU NON OS CENTROS ESCOLARES DIANTE DO ADVERSO  METEOROLÓXICO PREVISTO PARA O XOVES 2 DE DECEMBRO

A Consellería deixa en mans das direccións dos centros educativos e das empresas de transporte a decisión sobre se o alumnado galego das  zonas  afectadas  polo temporal terá clase mañá.

Para o STEG esta decisión debe ser asumida pola Administración educativa xa que é a súa competencia. É una irresponsabilidade deixar a decisión ás empresas privadas de transporte cando a dia de hoxe non poden adiviñar, xa que non é a súa competencia, a situación na que se atoparán as estradas galegas mañá.

Non é a primeira vez que a Consellería delega as súas funcións nas direccións dos centros e, o que é aínda mais incríbel, nas empresas de transporte escolar. O STEG demanda da Administración educativa que asuma a responsabilidade de gobernar e que ela decida a suspensión ou non das clases tendo en conta os informes técnicos de meteoroloxía e dos responsábeis de tráfico. Con estes informes técnicos, a Consellería debe tomar a decisión oportuna para garantir a seguridade do alumnado e do profesorado galegos.

Gobernar consiste en tomar decisións e asumir as consecuencias das mesmas e non inhibirse de facelo, trasladando a responsabilidade ás direccións dos centros que non  contan, entre outras cousas, cos informes técnicos pertinentes.

Resulta grave que onte, día 30 de novembro, a Administración en reunión co STEG e demais OOSS, despois de anunciarnos a intención de que ía proceder a pechar os centros tendo en conta os concellos afectados, tal como se lle esixiu, sorprende incumprindo a súa palabra e enviando instrucións que xeran inseguridade e confusión na comunidade educativa.

Nestas instrucións anexan os concellos en alerta meteorolóxica, que son a grande maioría dos da provincia de Ourense (76), Lugo (52), así como 33 concellos da Coruña e 17 de Pontevedra. Estas cifras fan máis necesaria unha actuación firme e resolutiva da Administración, en tanto que nos concellos afectados hai máis de 100.000 alumnos e alumnas en idade escolar.

Xuntamos o correo enviado pola consellería aos centros.

Secretariado Nacional do STEG
novembro 2010
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal