Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
O STEG e o Sindicato Ferroviario en Galiza súmanse á Folga Xeral

O STEG E O SINDICATO FERROVIARIO EN GALIZA SÚMANSE Á CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL DO 27 DE XANEIRO

Dende o ano 2008 en Galiza, e no resto dos países desenvolvidos, vívese unha situación de crise económica cualificada de histórica e comparábel, segundo algunhas análises, á crise do 29 do século pasado. No caso do estado español, ao contaxio da crise financeira mundial, engádeselle o estoupido da chamada burbulla inmobiliaria. Antes deste estoupido, os bancos e o sector da construción, co pulo de políticas dirixidas polos distintos gobernos e postas en práctica polo Banco de España, amasaron importantes beneficios que incentivaron a creación da burbulla.

Cal foi a reacción política inmediata? Nun primeiro momento, como non podía ser doutro xeito, recoñeceuse como culpábeis ao sector financeiro e ao inmobiliario, facendo fincapé no desregulamento existente e afirmando a necesidade dun maior control político da economía. Mais pasado ese momento inicial, a medida que se tomará, presentándoa como condición necesaria para a saída da crise, é a salvación da banca coa inxección de sumas de diñeiro público case inimaxinábeis.

A seguinte pregunta que nos debemos facer é: reverteu esa acción na saída da crise, especialmente freando o aumento do desemprego? É obvio que non; malia isto comezou a agromar unha liña de pensamento, hoxe instalada na meirande parte da clase política -e mesmo en amplos sectores sociais-: a saída da crise pasa por reducir o gasto público e as garantías de dereitos laborais, conseguidos ao longo do século XX.

Cales foron as medidas inmediatas?
  • Reforma laboral que se achega ao despido libre. A indeminzación por despido mingua, e agora se financia, en parte, polos propios traballadores e traballadoras a través de achegas ao chamado “Fondo de Capitalización” e tamén, nunha parte importante, con cargo aos fondos públicos do FOGASA.
  • Recortes salariais ao funcionariado e ao persoal empregado da maioría das empresas públicas.
  • Posibilidade de despido de persoal asalariado só cun informe da empresa de previsión de perdas.
  • Eliminación da prestación dos 426 euros ás persoas en desemprego e supresión do réxime transitorio para a xubilación parcial.
  • Suspensión da revalorización das pensións, desaparición do “cheque bebé” e das axudas a mulleres maltratadas, eliminación da retroactividade nas axudas por atención a persoas dependentes…
  • Drástica redución dos investimentos públicos e limitación ou eliminación da prestación de servizos públicos esenciais.
Cales son as medidas anunciadas?
  • elevar a idade de xubilación a 67 anos;
  • elevar o cálculo da pensión a 25 anos fronte aos 15 actuais;
  • ampliar o número de anos cotizados para ter dereito a percibir o 100% da pensión a 40 anos, fronte aos 35 anos que se precisan na actualidade;
  • privatización inminente, total ou parcial, de empresas e servizos públicos.

Dende o sindicalismo alternativo, STEG e o Sindicato Ferroviario en Galiza (SF-Intersindical) queremos denunciar que, a máis da práctica liquidación do que nos queda de patrimonio público, esta proposta suporá drásticos recortes por varias razóns:

  • ao elevar a idade de xubilación dificulta o acceso ao mercado laboral da poboación máis nova;
  • así mesmo, esa mesma medida reducirá, en sectores nos que a esperanza de vida é máis curta que na media, o período de disfrute dunha xubilación digna;
  • ao ampliar o número de anos cotizados para ter dereito a percibir o 100% da pensión serán moitas as persoas que acadarán a idade de xubilación sen poder percibir a totalidade da pensión.

Nesta situación, a reacción das traballadoras e dos traballadores debe ser clara e firme. Por iso desde o STEG e o Sindicato Ferroviario en Galiza (SF-Intersindical), sabedores das dificultades destas accións, facemos un chamamento a toda a cidadanía para que se sume á FOLGA XERAL en Galiza do día 27. Somos conscientes do tortuoso do camiño e, tamén, da dificultade para deter esta deriva de recortes das conquistas sociais conseguidas, mais tamén temos a responsabilidade de mostrar unha acción que sirva para afirmar que hai outro camiño e outras solucións. Se agora non actuamos estaremos a validar, co silenzo ou a pasividade, a mesma liña de economía e de política que nos levou a esta situación e que semella non ter chegado ao final no seu ataque ás conquistas sociais.



Decreto servizos mínimos
Mobilízate connosco

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal