Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
O STEG abandonou a xuntanza do observatoria galego da convivencia escolar

O STEG ABANDONOU A XUNTANZA DO OBSERVATORIO GALEGO DA CONVIVENCIA ESCOLAR PARA EVITAR O USO PARTIDISTA DESE ORGANISMO POLO PARTIDO DO GOBERNO

O STEG antes de abandonar o Pleno defendeu que o Anteproxecto de Lei que presenta a Consellería deslexitima o labor docente e desvaloriza a función docente

O STEG acudiu á xuntanza do Pleno do Observatorio Galego da Convivencia do pasado 24 de xaneiro co ánimo de dialogar, pois estaba en xogo unha cuestión fundamental para o STEG: a convivencia nos centros educativos deste país.

Na rolda de intervencións, o STEG manifestou o seu rexeitamento total ao texto do Anteproxecto de Lei de convivencia e participación alegando que a norma desatende aspectos fundamentais para a mellora da convivencia nos centros, como son a formación do profesorado na resolución de conflitos, a presenza de mediadores/as sociais onde sexan precisos/as, creación de escolas de pais e nais, mellorar a atención á diversidade dotando aos centros do persoal necesario, mellorar as condicións de traballo do profesorado reducindo as ratios alumnado/docente na aula... Así mesmo, o STEG defendeu que hai problemas que non se resolven só dentro dos centros educativos, polo que cumpría atender cuestións tan importantes como o contexto social e económico familiar no que se producen e reproducen as situacións potencialmente conflitivas.

Velaí a razón pola que o STEG finalizou a rolda de intervencións acusando ao goberno de pretender, con esta Lei, saldar o seu compromiso electoral con Galicia Bilingüe respecto á participación das familias, pois o único que regula a norma a ese respecto é a participación das familias nunha enquisa sobre cuestión idiomáticas, e coa única organización sindical que apoia a autoridade docente de tipo coercitivo.


Ante iso, o STEG non podía máis que seguir aberto ao diálogo e á negociación, porque nos preocupa a calidade da educación nos centros educativos públicos deste país, esperando en consecuencia a mesma actitude por parte do goberno. Pola contra, o STEG veuse na obriga de abandonar o Pleno, xunto con outras organizacións sindicais, ao entender que non estaba na vontade do goberno negociar nada, pois manifestaron que as emendas á totalidade non serían sometidas a votación do Pleno, unhas emendas que a teor da composición do Pleno ben puideron ter saído adiante, abrindo paso á presentación dun novo Anteproxecto de Lei, máis axeitado ás necesidades educativas deste país e non só aos intereses electorais do partido no goberno.

 
Secretariado Nacional do STEG
xaneiro de 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal