Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  LEXISLACIÓN  /  ENSINANZAS   
SECUNDARIA
PCPIs
Os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación e de titulación a mozos e mozas en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa.

Diríxense ao alumnado maior de quince anos, cumpridos antes do 31 de decembro do ano de inicio do programa, para os cales se considere que é a mellor opción para alcanzar os obxectivos da etapa de educación secundaria obrigatoria e co fin de que alcancen competencias profesionais de nivel 1, así como a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria e a ampliación das súas competencias básicas para proseguiren estudos nas diferentes ensinanzas.

Os PCPI están formados por dous tipos de módulos:

Os módulos obrigatorios dan acceso aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e están constituídos por dous tipos de módulos:

  • Específicos, que desenvolven as competencias do perfil profesional.
  • Formativos de carácter xeral, que posibilitan desenvolver as competencias básicas que permitan cursar con éxito un ciclo formativo de grao medio e favorecer a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral.
Os módulos de carácter voluntario conducen á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

O alumnado que supere os módulos específicos profesionais obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O alumnado que supere os módulos obrigatorios terá aceso aos ciclos formativos de grao medio. Logo de superar os módulos obrigatorios e os voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Os PCPI Teñen unha duración de dous cursos académicos e poderán cursarse a través de distintas modalidades.

Modalidade A, tódolos módulos do primeiro curso se imparten nun mesmo centro educativo, agás o de formación en centros de traballo.
Modalidade B, os módulos profesionais impártense nun centro educativo, agás o de formación en centros de traballo e os módulos formativos de carácter xeral impártense noutro.
Modalidade C mixta, os módulos formativos de carácter xeral impártense en centros educativos e os módulos profesionais, baixo a coordinación e logo de autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en empresas, corporacións locais, asociacións profesionais, asociacións non gobernamentais ou noutras entidades.

 
Oferta en Galiza: Curso 13-14 - Curso 12-13Curso 11-12 - Curso 10-11 -
PCPIs - Prazos admisión alumnado e instrucións para o seu desenvolvemento Curso 13-14Curso 12-13 - Curso 11-12 -
Orde que regula os programas de cualificación profesional inicial (DOG, 21/07/2011)
Perfís de PCPI publicados
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal