Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  LEXISLACIÓN  /  LEXISLACIÓN ESTATAL EDUCATIVA   
REAIS DECRETOS
RD 1594/2011
 RD 1594/2011

RD DE ESPECIALIDADES - Resumo

OBXECTO

O RD de Especialidade ten por obxecto regular as especialidades docentes do corpo de mestres e mestras establecidas na LOE que desenvolverá as súas funcións nas etapas de EI e EP; así mesmo, ten por obxecto establecer a competencia docente nas diferentes especialidades.
 
ESPECIALIDADES

As especialidades recoñecidas no RD son:

·   Educación infantil.

·   Educación Primaria.

·   Lingua estranxeira: Inglés.

·   Lingua estranxeira: Francés.

·   Lingua estranxeira: Alemán.

·   Educación física.

·   Música.

·   Pedagoxía Terapéutica

·   Audición e Linguaxe.

COMPETENCIA DOCENTE (art. 3)

O que di o RD respecto ás competencias dos especialistas:

·  mestras e mestres coa especialidade de EI, impartirán todas as áreas do currículo de EI. Poderán ser apoiados no 2º ciclo por outros especialistas cando as ensinanzas o requiran.

· mestras e mestres coa especialidade de EP, terán competencia para impartir as áreas de:

o Coñecemento do medio natural, social e cultural,
o Educación artística,
o Lingua e literatura,
o Matemáticas e
o Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.

Para impartir Música, Educación física, Linguas cooficiais e linguas estranxeiras requerirase, ademais, estar en posesión da especialidade correspondente.

·  EP: as ensinanzas de Música, Educación física e Linguas Estranxeiras, serán impartidas por mestras e mestres en posesión desas especialidade.

· EP: os postos de PT e AL, serán ocupados por mestres e mestras en posesión desas especialidades.

O que di o RD respecto ás competencias de especialistas doutras áreas:

· as mestras e mestres das especialidades de EM, EF, LL Est., PT e AL, poderán impartir as áreas propias de EP;

O que di o RD con respecto aos agrupamentos:

Os postos de traballo nos que se agrupe alumnado de EI e EP poderán ser ocupados indistintamente por especialistas de EI ou E.P.

ADQUISICIÓN DE ESPECIALIDADES (art. 4)

Con este artigo ponse fin ao modelo de habilitacións actual. A partir da entrada en vigor do RD a forma de adquirir especialidades será:

·  por oposición de ingreso no Corpo segundo regula o RD 276/2007;

·  por adquisición de novas especialidades; proceso regulado no RD 276/2007 (oposición);

·  por estar en posesión das titulacións ou requisitos que figuran no anexo.

· o profesorado especialista que, en virtude da atribución de competencia docente (recoñecida no artigo 3), teña exercido docencia durante alomenos tres anos e en máis dun 30% do seu horario, , nas áreas propias da especialidade de Primaria, a partir da entrada en vigor deste RD, adquirirá a especialidade de Educación Primaria.

Así mesmo, nas DISPOSICIÓNS ADICIONAIS E TRANSITORIAS fanse as seguintes matizacións:

·   manteranse todas as habilitacións recoñecidas con anterioridade;

·  o funcionariado que reunía os requisitos para habilitarse para algunha das especialidades existentes cando entrou en vigor o novo CXT (RD 1364/2010), disporán de tres meses para solicitalo;

·  o funcionariado que iniciara cursos de especialización para habilitarse antes da entrada do RD de CXT disporán de tempo para acabalos.

·  o funcionariado poderá impartir docencia, excepcionalmente, nos módulos formativos nos PCPIs.

·  o profesorado de PT e AL, poderán desempeñar funcións de atención á diversidade en Secundaria.

Do mesmo xeito, nas DISPOSICIÓNS ADICIONAIS E TRANSITORIAS regúlase, tamén, o seguinte:

·   poderán manterse indefinidamente nos seus postos e exercer mobilidade en relación as vacantes ofertadas ao profesorado do corpo de mestres e mestras que estea adscrito aos dous primeiros cursos da ESO;

·   poderán manterse indefinidamente nos seus postos e exercer mobilidade en relación as vacantes ofertadas ao profesorado do corpo de mestres e mestras que estea adscrito nun centro de educación de persoas adultas;

·   os requisitos de formación que se esixirán ás mestras e aos mestres para impartir docencia nunha lingua estranxeira, nun área distinta a dita lingua, incorporarán como mínimo a acreditación do nivel B2 do MCERL.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal