Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG  
TRANSPORTE ESCOLAR

  Resultados da enquisa e reivindicacións do STEG

No STEG , conscientes da problemática existente co trasporte escolar, estamos a levar unha campaña polos centros, co fin de plantexarlle á Administración unha proposta de solución para este tema.

É a nosa primeira intención recoller canta información poidamos sobre as diversas casuísticas que poidan ter relación co transporte escolar, xa que sabemos polas consultas que nos chegan que son un conxunto delas variado e, moitas veces, complexo.

Son moitos os centros ou grupos escolares que teñen que modificar os seus horarios ou que non poden adoptar a xornada continua, co único motivo de teren que se adaptar á dispoñibilidade da empresa de transportes correspondente, quedando os criterios educativos e organizativos do centro supeditados aos intereses de quen ten que garantirlle un servizo.

É tamén frecuente de máis a impuntualidade e/ou imprecisión no funcionamento do transporte, autobuses que deixan ao noso alumnado demasiado cedo, que o recollen tarde, ou que establecen o punto de subida e baixada demasiado lonxe do centro. Isto orixina unha situación de indefinición na responsabilidade civil sobre os nosos menores durante ese espazo ou tempo, onde están fora do horario e do recinto educativo pero non hai ninguén ao seu cargo. Unha responsabilidade que podería recaer no colectivo de profesionais do ensino.

Pensamos que é importante abordar estas situacións particulares cunha perspectiva de acción conxunta, e por iso solicitamos a túa cooperación.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal