Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG  
CAMPAÑA ESPAZOS LIBRES DE MACHISMO
Desde a Organización de Mulleres do STEG presentámosvos, neste curso 16-17, a campaña "Espazos libres de machismo" que estamos a desenvolver de forma conxunta coa Confederación Intersindical-Organización de Mujeres, xa que se trata dun proxecto a nivel estatal.

Basicamente consiste en que as traballadoras e os traballadores que así o consensúen en asemblea declaren os seus centros de traballo como "Espazos libres de machismo". Ao realizar esta declaración comprométense a velar por garantir os dereitos e as liberdades das empregadas e dos empregados do mesmo.

Desta forma queremos poñerlle fin a situacións de acoso sexual no ámbito laboral; á fenda salarial que existe entre homes e mulleres; ao bloqueo que sofren as traballadoras para poder acceder a postos de responsabilidade e dirección; aos atrancos para poder conciliar axeitadamente a vida laboral coa vida familiar e aos micromachismos e esterotipos de xénero que, por desgraza, están tan arraigados na nosa cultura.

Se queremos rematar co drama social que supoñen os feminicidios -a expresión última e máis miserable das violencias machistas, que o ano pasado se cobrou a vida de 93 mulleres e este ano co pouco que levamos, xa hai 72 mulleres asasinadas- temos que acabar co machismo en todos os seus ámbitos, incluíndo, como non, o laboral.

A este proxecto pódese sumar calquera organismo, empresa, colectivo ou asociación que o desexe sexa tanto no ámbito público como privado. Crearemos unha “Rede de espazos libre de machismo” a nivel estatal para que poidan contactar entre si e ir valorando a aplicación do mesmo.
  • Decidir en Asemblea a intención de considerar o centro de traballo como Espazo Libre de Machismo.
  • Compromiso público/lectura do manifesto (enviamosvos propostas pero podesdes adaptalos áo voso centro ou aula) no centro de traballo, tomar unha fotografía para deixar testimonio gráfico
  • Como acto simbólico colgar o cartaz da campaña no centro de traballo.
  • Anotarse no correo electrónico espazoslibresdemachismo@gmail.com e enviar a fotografía.
  • E se sodes un centro de ensino podedes traballar previamente nas vosas aulas as actividades propostas.
Animámosvos a unirvos a este proxecto, no camiño de acadar que nos vosos centros de traballo a igualdade e o respecto entre todas e todos sexa unha realidade.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal