O Consello Escolar de Galicia rexeita por
24 votos en contra e 16 a favor o borrador do Decreto de Plurilingüismo
No Pleno celebrado o día 7 de abril ás 17:00, o Consello
Escolar de Galiza, un órgano colexiado que entre outras funcións
compételle emitir ditames con carácter informativo sobre
a lexislación educativa (leis, decretos e outros documentos
e programas de relevancia) composto por OOSS (CIG, CCOO, UXT...),
asociacións de nais e pais dos centros de ensino, movementos
de renovación pedagóxica, partidos políticos,
a Federación Galega de Municipios e Provincias, as patronais
do ensino privado e aquelas persoas "expertas e de prestixio"
que designe a propia Consellería, votou por 24 votos a favor
unha emenda a totalidade presentada contra o borrador
do Decreto de Pluringüismo redactado polo departamento que dirixe
Jesús Vázquez.
Agora á Consellería quédalle un importante desafío:
atender as demandas da comunidade educativa e retirar o borrador.
Dende o STEG felicitámonos por este éxito da comunidade
educativa e agradecemos a resposta do profesorado e da comunidade
educativa en xeral aos nosos chamamentos para a mobilización,
como a que concentrou hoxe a centos de persoas diante do Consello
de Escolar de Galiza.