Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

GALEGO

Adhesión dos Consellos Escolares dos Centros á resolución do Consello Escolar de Galiza sobre o decreto do plurilingüismo

As organizacións sindicais CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT e STEG promovemos unha campaña, dirixida aos Consellos Escolares dos centros, co fin de que sometan a consideración o documento, que podedes descargar ao final desta páxina, como adhesión ao acordo do Consello Escolar de Galicia a propósito do borrador do Decreto do Plurilingüismo.

Sabedores de que para a defensa da nosa lingua é necesaria a maior unidade posible de acción sindical e que na situación actual é fundamental a volta ao consenso acadado no Plano de Normalización Lingüística do 2004, pedimos o apoio a todos os centros galegos nesta campaña e que nos enviedes, o antes posible o documento de adhesión a calquera dos faxes que figuran na carta que enviada.

Carta e proposta de resolución dirixida aos Consellos Escolares