ARTIGOS DE OPINIÓN   
ARTIGOS DE OPINIÓN
Intento de derogación da lei do aborto...

A ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG OPORASE E MOBILIZARASE ANTE CALQUERA INTENTO DE DEROGACIÓN DA LEI DO ABORTO



A Asemblea de Mulleres do STEG considera lamentábeis as declaracións do PP sobre a súa intención de derogar a denominada Lei do Aborto. Arpoiar dita intención en “que é unha Lei inxusta e innecesaria porque ninguén a pedía” é descoñecer e ignorar unha das reivindicacións históricas das mulleres e das súas loitas a través do movemento feminista. Ditas declaracións non se entenden senón é como unha concesión electoralista aos sectores máis conservadores e reaccionarios dos posíbeis votantes do Partido Popular.

A Asemblea de Mulleres considera que a actual “Lei Orgánica de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo” supuxo un avance para as mulleres e as nenas pero que aínda queda un longo camiño, agora ameazado se o PP gaña as eleccións, para que o dereito ao aborto sexa considerado un dereito libre e gratuíto.

Por todo iso a Asemblea de Mulleres oporase e mobilizarase ante calquera intento de involución ou regresión nos dereitos sociais e humanos das persoas . Oporase radicalmente a calquera derrogación de leis xa aprobadas que garanten, aínda que sexa minimamente, este tipo de dereitos, como as vixentes lei de matrimonios homosexuais, lei do aborto, lei de igualdade, lei integral, ou calquera outra que supoña un recoñecemento de dereitos e liberdades ou vaia encamiñada á consecución da igualdade real entre homes e mulleres.
27 de setembro de 2011



 

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal