ARTIGOS DE OPINIÓN   
ARTIGOS DE OPINIÓN
Presentación do calendario do ano 2015
O calendario Tempo de mulleres, mulleres no tempo, ten por obxectivo a construcción dun mundo máis igualitario ao facilitar a visibilización de moitas mulleres que destacaron ou destacan en diferentes áreas de saber. Este ano está adicado ás mulleres creadoras de opinión, xornalistas, blogueiras,..... e como referentes do xornalismo en Galicia temos a Tareixa Navaza e Margarita Ledo Andión.

Cada día do ano destacamos unha efeméride sobre algunha muller ou datas tan importantes para a loita feminista como:
- 10 de Outubro de 1931, as mulleres españolas logran o dereito ao voto.
- 23 de Febreiro de 2001. A Corte Penal Internacional dictou a 1ª sentenza por violación sexual como crime contra a Humanidade.
- 3 de Maio. Dedicado ás mulleres lapidadas acusadas de delitos das que eran vítimas.

O calendario tamén inclúe unha proposta didáctica secuenciada por meses con actividades para as etapas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, para que o profesorado as poida utilizar como recurso didáctico na aula e tres frases importantes das mulleres ás que lles dedicamos ese mes.

Este calendario supón unha acción máis dentro da defensa do STEG a prol dunha escola coeducadora que entendemos como un proceso intencionado que ten como obxectivo o desenvolvemento integral das persoas partindo da consideración que éstas teñen como realidade diferenciada segundo o seu sexo e que forma a esas persoas para unha convivencia social igualitaria.

Isto é imposible cas políticas dun governo que subvenciona unha escola segregada por sexos baixo o argumento da “libre elección de centro educativo”facendo oídos xordos ao artigo 2 da convención relativa á loita contra as discriminacións na esfera do ensino aprobada pola Conferencia Xeral da UNESCO o 14 de Decembro de 1960.

Asemblea de Mulleres do STEG
2 de decembro de 2014
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal