ARTIGOS DE OPINIÓN   
ARTIGOS DE OPINIÓN
Razóns que temos as mulleres contra o CETA
Na actualidade, 7 de cada 10 persoas pobres son mulleres. Esta situación non vai mellorar coa sinatura dos tratados de librecomercio entre a Unión Europea (UE) e Canadá (CETA) e os EEUU (TTIP). Estes tratados van favorecer os intereses dos grandes empresas multinacionais fronte á capacidade de decisión dos Estados.

Como vai afectar isto ás mulleres?

- A meirande parte das mulleres labregas da nosa terra traballan baixo o paraugas de protección das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) ou na produción subvencionada coma a do do leite. A perda de proteccións e subvencións para os nosos productos agrarios traerá como consecuencia a perda de miles de postos de traballo no rural galego

- Outro sector en que as mulleres galegas son a maioría das persoas empregadas  é o público.  Tanto o CETA como o TTIP  pretenden reducir ao mínimo “o público” e favorecerán as privatización de moitos servizos, deste xeito produciránse perdas masivas de empregos.

- EEUU non ten asinados principos fundamentais da OIT (Organización Mundial do Traballo) como son:

 •    igualdade de salarios para home es mulleres
 •    apoio a persoas traballadoras con responsabilidades familiares
 •    protección á maternidade ( permisos, prestacións, dereito de lactancia)
 •    recoñecemento do traballo das persoas que exercen o traballo doméstico
Estes dereitos de corresposabilidade están máis respectados polas actuais lexislacións europeas, coa aprobación destes tratados que pretenden igualar as lexislacións para favorecer a estas empresas, estes dereitos perderanse progresivamente.

-  Os coidados  dentro do ámbito familiar seguen a ser traballos maiormente realizados polas mulleres é o papael que históricamente se nos ten asignado. O sistema de saúde e a lei de dependencia puxeran algo de luz para que a administración axudara ás familias nesta responsabilidade, pero levamos anos sufrindo recortes en vez de avances e o CETA e o TTIP co desmantelamento do sistema público (Educación, sanidade e servizos sociais) fará que as mulleres suframos un retroceso aínda maior neste eido.

- A redución da soberanía dos Estados fronte ao respecto destes tratados de librecomercio fará moito menos necesaria a consulta política para que a cidadanía exprese a súa opinión. Este dereito de participación democrática costou moito conseguilo ao longo da historia, as mulleres sabémolo ben porque nos costou moitísimo máis.

-  Na actualidade na UE están prohibidas 1200 sustancias químicas por ser consideradas nocivas para a saúde, fronte a 12 sustancias consideradas tóxicas en EEUU. Coa igualación da lexislación que pretenden estes tratatos a exposición dos nosos corpos á sustancias tóxicas verase aumentada considerablemente (alimentación, cosméticos, produtos de limpeza...)
 
- En EEUU a lexislación sobre protección de datos é moito máis permisiva. Cando se aproben o CETA ou o TTIP teremos que acostumarnos á utilización continua dos nosos datos persoais para bombardearnos con todo tipo de publicidade, favorecendo os intereses destas empresas sobre á nosa privacidade.

Por todo isto, as mulleres dicimos NON AO CETA!!, NON AO TTIP!!

                                                                           ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG E PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA

-documento en pdf
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal