ARTIGOS DE OPINIÓN   
ARTIGOS DE OPINIÓN
Comunicado da Asemblea de Mulleres do STEG e da Organización de Mulleres da Confederación Intersindical
6 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA.

A mutilación sexual feminina (MXF) comprende todos os procedementos que, de forma intencional e por motivos non médicos, alteran ou mutilan os órganos sexuais femininos. Máis de 125 millóns de mulleres e nenas vivas actualmente foron vítimas da MXF e cada ano uns tres millóns de nenas máis corren o perigo de sufrila.
A MXF constitúe unha das peores violacións existentes contra os dereitos das mulleres e das nenas: atentan contra a súa integridade física, contra o seu dereito á saúde, á seguridade, contra ao goce da súa propia sexualidade, a non ser sometidas a tortura e mesmo ao dereito á vida en moitos casos.
Nos últimos anos rexistráronse algúns avances na batalla contra a MXF, como a implicación nela dos organismos internacionais (UNICEF, OMS, ONU...) e a súa prohibición en moitos países. Queremos destacar a loita pola súa erradicación de moitas mulleres cun traballo constante nas súas comunidades a través de proxectos de información, formación, introdución de rituais alternativos de iniciación á idade adulta, etc.  Cabe destacar que grazas ás campañas de información, sumáronse a este rexeitamento, mulleres que realizan o rito nas distintas tribos, feito que facilita a aceptación da súa erradicación. Pero tamén hai que destacar un dato preocupante: a "medicalización" da MXF, é dicir, a súa práctica a cargo de profesionais da saúde en contornas hospitalarias. Estas intervencións supoñen xa o 18% do total e ao minimizar as posibles complicacións poden facer que a MXF sexa máis aceptábel socialmente.
A Organización de Mulleres da Confederación Intersindical loita contra todo tipo de discriminación e agresión contra as mulleres e na defensa dos seus dereitos e por iso hoxe, 6 de Febreiro, Día Internacional contra a mutilación xenital feminina, quere unirse a todas as voces que reivindican a súa abolición total.    

-documento en pdf
                                  
                                                                     Asemblea de Mulleres do STEG
                                                                     Organización de Mujeres de la Confederación Intersindical
                                                                     6 febreiro de 2017
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal