INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
Té revolucionario das cinco e media e recital poético
A Asemblea de Mulleres do STEG convídavos a asistir este sábado día 18 de febreiro ao Té Revolucionario das cinco e media, onde se presentará o Calendario de Muller 2017. A presentación correrá a cargo da activista social Laura Bugalho en compaña da Asemblea de Mulleres do STEG. Haberá recital poético feminista coas intervencións das poetas Marica Campo, Adela Figueroa, María José Fernández, Beatriz Dorado e Raquel López.
A música correrá a cargo das Pandereteiras de Xaora.
O acto terá lugar en Lugo ás 17,30 h. no Café do Pazo de Orbán, no corazón do Barrio do Carme, lugar historicamente asociado á explotación sexual feminina.

Asistide e axudádenos a mudar o significado das cousas!
TÉ REVOLUCIONARIO - RECITAL POÉTICO


 

E-mail de Contacto | Aviso Legal