INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS DOCENTES: comunicado da Asemblea de Mulleres do STEG

 Este é o lema que, a UNESCO/OIT, determinou para este 51 aniversario (1966) da declaración do 5 de outubro como día das/dos docentes.

 Cando se fala de autonomía, faise no amplo sentido da palabra (do grego "auto", unha mesma e "nomos", norma), é un concepto proveniente da filosofía e, máis recentemente da psicoloxía, que, en termos xerais, expresa a capacidade de darnos normas a nós mesmas, de tomar decisións sen intervención nin influencia externa.

O empoderamento, é unha estratexia que require de docentes que sexan quen de distribuír o seu poder, de facultar ao alumnado para levar a cabo unha aprendizaxe autónoma, acorde ás súas capacidades e adquira competencias sólidas en temas esenciais e para que finalmente cheguen a ser cidadás responsables, tanto no plano local como no mundial, dispostas a usar as novas tecnoloxías e de tomar decisións ben fundadas en materia de saúde, medioambiente... Isto non podería producirse con docentes que tiveran que axustarse a programas elaborados por persoal técnico que non está inmerso nas comunidades educativas.

As persoas que se adican á docencia, para garantir unha educación de calidade, inclusiva e equitativa, deben contar, como mínimo, cunha serie de requisitos que, as administracións educativas, non foron quen de llelos conferir, entre eles:  contratación do profesorado necesario para que se garanta a oportunidade de aprendizaxe para todo o alumnado (diminución das ratios);  investimento necesario na formación permanente do profesorado (os retos cambian a medida que avanza a tecnoloxía e a pedagoxía)

 Non podemos obviar, este día, que o persoal docente é, maioritariamente, feminino. É por iso que dende a Asemblea de Mulleres do STEG, celebramos os nos nosos postos de traballo a pesar dos hándicaps e desigualdades que nos atopamos derivadas do noso xénero.

 Independentemente de todos estes problemas, debemos celebrar, todas e todos, que somos quen de superar as dificultades e facer noso, o lema deste ano:” ENSINAR CON AUTONOMÍA, EMPODERA ÁS PERSOAS DOCENTES e continuar coas nosas boas prácticas.

 

Asemblea de Mulleres do STEG, 5 de outubro de 2017

 

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal