INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
Sentenza xudicial para a recuperación do IRPF correspondente

No STEG vimos de coñecer unha sentenza do Tribunal Supremo que recoñece o dereito ás persoas que teñan exercido dun permiso por maternidade a recuperar o IRPF devengado durante ese período, xa que ditaminou que esas prestacións non constitúen rendas de traballo. Dende esta fin de semana, polo tanto, queda aprobada a exención da tributación ao Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) por maternidade.
Dende a nosa organización levamos dous cursos animando á nosa afiliación a reclamar esta devolución -que reclama ese dereito retrotraído ao ano 2012-, e vemos con satisfacción que as mulleres que reclamaban a exención das prestacións por maternidade acaban de gañar esa batalla á Axencia Tributaria, resolvéndose a favor delas, ao considerar o alto tribunal que estás prestacións non tributan no IRPF.
Porén, é posible reclamar esta devolución para as mulleres que non o teñan feito xa para os permisos por maternidade posteriores ao 2014, polo que queda aberta a porta para que as mulleres as que lles outorgaron prestacións despois dese ano (o último non prescrito) recuperen o que pagaron na declaración da renda do exercicio correspondente ao nacemento das súas crianzas.

Agardando que a información sexa do voso interese, quedamos á vosa disposición nos contactos e teléfonos habituais para o que precisedes, atentamente,


ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal