INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
A Asemblea de Mulleres do STEG convoca FOLGA DE 24 HORAS


O STEG dende sempre se caracterizou pola súa loita a prol da igualdade de xénero en tódolos ámbitos, especialmente no ámbito educativo. Xa hai dous anos que vimos convocando a folga 8m para dar cobertura legal ás mulleres que a quixeran secundar.

No ano 2017 a Confederación Intersindical, da cal o STEG forma parte, foi pioneira no paro, convocándoo en exclusiva.

No 2018 o seguimento da folga tivo un éxito sen precedentes a nivel nacional e internacional.
Neste 2019 queremos dar de novo un apoio total ao Movemento Feminista, e convocar a folga xeral de 24 horas para o vindeiro 8M co fin de dar cobertura legal a todas. Estamos seguras de que  sobrepasará o seguimento acadado na anterior convocatoria. Esta folga terá carácter xeral a nivel de consumo, coidados, estudiantil e laboral, polo que dará cobertura a tódolos sectores da sociedade.

Tras analizar o papel da muller no entorno laboral e social actual, somos conscientes de que esta mobilización é mais que necesaria e xustificada; é o noso día!, é a nosa folga!, polo que dende o STEG secundamos esta folga de 24 horas, coa finalidade de dar apoio legal a todas as persoas traballadoras que decidan secundala. O paro iniciarase o 8 de marzo ás 00:00 e rematará ás 24 horas desa mesma xornada.

Máis a esta folga nos empuxan os seguintes motivos:
a) A mellora das condicións laborais das mulleres e a fin da desigualdade laboral mediante a cosecución da supresión da brecha salarial.
Ao fio do anterior, engadir que a igualdade efectiva e real tal como versa o Artigo 1.1. da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: as mulleres e os homes son iguais en dignidad humana, e en dereitos e deberes. Esta lei ten por obxecto facer efectivo o dereito de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e hombres, en particular mediante a eliminación da discriminación da muller, sexa cal sexa a súa circunstancia ou condición, en calquera dos ámbitos da vida e, singularmente, nas esferas política, civil, laboral, económica, social e cultural para, no desenvolvemento dos artigos 9.2 e 14 da Constitución, acadar unha sociedade máis democrática, máis xusta e máis solidaria”.

b) A promoción da conciliación da vida familiar e persoal, favorecendo a flexibilidade para a formación e os horarios tendente a promoción profesional das persoas que exercesen os seu dereitos á conciliación da vida laboral e familiar.

c) A loita efectiva contra a situación de acoso sexual no ámbito laboral, a precariedade laboral e a alta taxa de contratos a xornadas parciais e de corta duración.

d) Esixir a elaboración e aplicación dos plans de igualdade. Conforme dispón o artigo 45 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, traballadoras cós representantes legais das persoas na forma legalmente establecida.

A este respecto, xa referido ao ámbito educativo demandamos a supresión dos concertos aos centros que segreguen por sexos, a formación do profesorado en materia de xénero, curriculums que inclúan ás mulleres invisibilizadas e que eduquen contra a violencia machista, coordinación en igualdade e protocolos de actuación contra as violencias machistas nos centros educativos, o desevolvemento de plans de igualdade, bibliotecas igualitarias, a área de coeducación como obrigatoria e impartida por profesorado especializado.
e) Así mesmo, esíxese ao goberno autonómico e estatal que desenvolva e acade cós grupos da oposición, colectivos feministas e axentes sociais, un pacto de Estado contra as violencias machistas.

Dende o STEG animamos a todas as mulleres de todos os estados que se sumen a esta folga, alcen as súas voces contra o machismo e o patriarcado, para que coa forza da nosa unión fagamos tremer os piares sobre os que se asentan.

-documento en pdf

Asemblea de Mulleres do STEG
22 de febreiro
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal