INFORMACIÓNS VARIAS   
INFORMACIÓNS VARIAS
Comunicado da Asemblea de Mulleres do STEG

Neste ano 2019 segue sendo necesario recordar á sociedade que o 15 de outubro é o DIA DA MULLER RURAL. As mulleres representan ao redor do 43% da man de obra agrícola nos países en desenvolvemento e, segundo algúns estudos, si tivesemos o mesmo acceso aos recursos produtivos que os homes, poderíiamos aumentar o rendemento dos nosos cultivos un 20% ou 30%.

As zonas rurais de España representan 37,4% da poboación (INE 2015) e nelas as mulleres constitúen o 48,02% da poboación rural (2014). No sector agrícola e ao emprendimiento, as mulleres representan o 10,38% fronte o 28,63% de homes, tradicionalmente infravalorada a achega laboral da muller neste colectivo pois o traballo que realizan as mulleres dentro das explotacións agrarias, por regra xeral de tipo familiar, consiste en empregos a tempo parcial (25% mulleres e 8% homes, segundo EPA 2015) compatibilizándoos con responsabilidades domésticas e de coidados (non remunerados) e traballos de apoio no campo á unidade familiar. Os traballos no campo teñen moitas veces carácter estacional e a temporalidade das mulleres representa o 74,17% e as fixas o 25,82%. Segundo o Diagnóstico da Igualdade de Xénero no Medio Rural a fenda salarial establécesenunha media de 23,4 puntos a favor dos homes, no ano 2013 segundo datos do INE a brecha salarial por hora normal de traballo é de 16,80%. Esta fenda salarial permanente ao longo da vida supón un maior risco de pobreza na terceira idade. Isto sucede porque os poderes políticos non queren ver nin remediar os problemas que sofren as mulleres en todos os ámbitos e especialmente no medio rura e séguense silenciando as posturas machistas nas explotacións agrarias. Nestes momentos o nivel educativo predominante na poboación rural con estudos superiores é o 22,80% mulleres e o 15,60% varóns. Do exposto, denunciamos que:

- A fenda salarial segue existindo.

- As xornadas de traballo son de 24 horas ( responsabilidades domésticas, de coidades e traballos apoio no campo).

- As mulleres seguimos sendo maioritarias na temporalidade e traballos a tempo parcial.

- Seguen a negarmos recursos públicos: non existen centros no rural para levar ás nosas persoas dependentes, non hai servizos públicos para que eduquen ás nosas fillas e fillos, nin para que teñamos acceso a unha mellor educación de adultas, négannos a sanidade pública, non queren que denunciemos aos nosos agresores por violencia machista pois non temos centros onde ser escoitadas, denunciar e aténdannos.

Os poderes políticos deben poñer fin a estas desigualdades no mundo rural, xa que está nas súas mans evitar a desaparición dos municipios pequenos por falta de oportunidades, recursos públicos, e acceso na igualdade de condicións de emprego.

POLAS MULLERES RURAIS, POLO SEU EMPODERAMENTO E POLA SOBERANÍA ALIMENTARIA.

-documento en pdf

Asemblea de Mulleres do STEG

Organización de Mulleres da Confederación Intersindical

15 de outubro de 2019

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal