ORGANIZACIÓN DE MULLERES CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL   
COMUNICADOS
Día da Muller Rural
Estando como estamos , nunha crise ecosocial sen precedentes na que se fai máis necesario que nunca visibilizar ás mulleres que se atopan no contorno rural e reivindicar o seu dereito ao traballo en condicións dignas e a unha maior participación social, aspectos nos que se atopan aínda con maior desigualdade que as mulleres urbanas. A súa contribución ao desenvolvemento sostible, coa mellora dos procesos agrícolas para o coidado da terra e da vida, é incuestionábel; será coa súa aportación coa que atopemos camiños para un desenvolvemento sostible do noso planeta, así como para mellorar as condicións dos seres vivos que o habitamos. Por outra banda, é fundamental o traballo que fan as mestras rurais; posibilitando procesos de participación en espazos á marxe da familia, cuestionando modelos sociais patriarcais e educando ás nenas e nenos na loita pola igualdade e polos dereitos humanos. A crise ecosocial afecta de forma desigual segundo a parte da terra na que naceras, e tamén afecta desigualmente ás mulleres, xa que son elas quen se encargan de obter auga no 80% das vivendas sen acceso á auga, quen se ocupan da alimentación das crianzas, quen cultivan terras que cada ano son menos cultivábeis, etc… Dende a nosa Organización de Mulleres da CI queremos visibilizar todos estes traballos, visíbeis e invisíbeis, agradecerlle todo o que fan por coidar aspectos fundamentais para a vida, e reivindicar o dereito a condicións laborais dignas. Unha das claves para lograr un futuro posíbel está no contorno rural, e por suposto, está e estará nas súas mulleres.
 

E-mail de Contacto | Aviso Legal