Fai escasas semanas coñeciamos a despenalización do aborto en México; sentenza que constitúe un paso máis cara a súa despenalización en toda América Latina; acabando, deste modo, os encarceramentos actuais sufridas por este motivo.
No Estado Español, a interrupción do embarazo está despenalizada dende fai máis de 35 anos; é legal, un dereito adquirido que se aplica na totalidade do territorio. Sen embargo, en oito territorios e dúas cidades autónomas non se practicaron abortos en 30 anos (é o caso de Palencia, Zamora, Ávila, Segovia, Teruel, Cuenca, Toledo e Cáceres, así como Ceuta e Melilla). Máis de 6000 mulleres, desprázanse anualmente a outras provincias para abortar.
Nulas son as canles onde podemos atopar información sobre como e onde poder exercer o dereito ao aborto.
O Ministerio de Sanidade e Consumo realizou, ao longo da última década, máis de 80 campañas; ningunha está encamiñada a esta fin. A isto engádese os escasos folletos informativos e, moito menos, información en páxinas web. Cales son as consecuencias deste proceder? Descoñecemento, clandestinidade e polo tanto, insensibilización cidadá cara o aborto.
Once anos pasaron xa dende a Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de Saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, do Estado Español, e aínda non se implementou.
Dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical esiximos:
- Que o aborto estea garantido pola Sanidade Pública.
- Unha educación sexual efectiva, a todos os niveis sociais e educativos.
- O acceso libre e gratuíto para toda a poboación aos métodos anticonceptivos, incluídas as mulleres con discapacidade, e que estes estean garantidos pola Sanidade Pública.
E recordamos que a práctica do aborto, é unha intervención sanitaria, aplicada exclusivamente no corpo da muller, que confire riscos para a muller e que esta realízaa como única solución posíbel.
Nacen debates, onde só caben as leis.
|