8 DE MARZO  
8 de marzo 2017
8 de marzo 2016
8 de marzo 2015
8 de marzo 2014
8 de marzo 2013
8 de marzo 2012
8 de marzo 2011
8 de marzo 2010
8 de marzo 2009
8 de marzo 2008
8 de marzo 2007
8 de marzo 2006
8 de marzo 2005
8 de marzo 2004
8 DE MARZO 2009
Propostas didácticas


Primaria - secundaria (ano 2009)

Actividades para traballar na aula (ano 2008)


Nota de prensa da Marcha Mundial das Mulleres, ante a prohibición da Subdelegación de Goberno da manifestación convocada para o día 8 de marzo

 

 

MANIFESTO 8 DE MARZO 2009
Queremos estar en todas

A pesar do importante incremento de mulleres no mercado de traballo e de que as mulleres estamos hoxe significativamente máis preparadas que ás de hai só dúas décadas, a pesar de que nós somos as que chegamos en maior número á universidade, obtemos notas máis elevadas e finalizamosantes os estudos, porén o mercado de taballo non responde ás nosas expectativas

Somos as mulleres as que seguimos sufrindo a discriminación laboral e temos máis dificultades para encontrarmos emprego. Somos nós as que accedemos aos postos menos remunerados, aos de baixa cualificación e aos traballos a tempo parcial. Somos nós as que sufrimos a discriminación salarial e as que, só polo feito de sermos mulleres, recibimos salarios inferiores aos varóns en postos de igual categoría. Somos nós as que sufrimos a crise e o paro antes que os homes, superando a nosa taxa de paro en dez puntos ao paro masculino. Somos nós as que sufrimos a falta de implicación dos nosos compañeiros varóns nas tarefas familiares, obrigas domésticas e coidado de fillos e fillas, repercutindo en xornadas interminábeis, dificultades no acceso ao emprego e, en moitos casos, a renuncia a postos que poidan dificultar a conciliación e a aceptación de modalidades de traballo precario. Somos nós as que temos maior perigo de exclusión social, especialmente as inmigrante. Somos nós as que formamos a maior parte das familias monoparentais - aínda que debésemos chamalas "monomarentais" - e, por iso, sufrimos problemas económicos, insuficiencia de servizos de garderias e de atención ás persoas dependentes. Somos nós as que sufrimos a segregación horizontal, que sege estando presente nos traballos claramente feminizados e outros masculinizados, véndonos limitadas a sectores máis reducidos que os homes... En termos xerais e tendo en conta todos estes factores, poderíamos concluír que as mulleres concentramos todos os índices que poden considerarse definitorios de precariedade laboral.

Por todo isto, desde a Asemblea de Mulleres do STEG, para erradicar todo tipo de discriminación de xénero, consideramos urxente rearmar a conciencia crítica sobre os mecanismos de perpetuación das desigualdades. Consideramos necesario romper cos estereotipos de xénero que impregnan a nosa sociedade e abrila en igualdade de condición e dereitos a toda a poboación. Consideramos imprescindíbel educar en igualdade ás nosas fillas e aos nosos fillos, á nosa mocidade, na escola e nas familias e en todos os ámbitos da súa vida. Só desta maneira lograremos vivir nunha sociedade plural e respectuosa, máis xusta e igualitaria.

Por iso, neste 8 de marzo, día Internacional da Muller Traballadora,

QUEREMOS ESTAR EN TODAS

 

STEG Informa
Especial 8 de marzo

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal