8 DE MARZO  
8 de marzo 2018
8 de marzo 2017
8 de marzo 2016
8 de marzo 2015
8 de marzo 2014
8 de marzo 2013
8 de marzo 2012
8 de marzo 2011
8 de marzo 2010
8 de marzo 2009
8 de marzo 2008
8 de marzo 2007
8 de marzo 2006
8 de marzo 2005
8 de marzo 2004
8 DE MARZO 2007

Imos a medias.
A corresponsabilidade, clave da igualdade.

A incorporación das mulleres á vida pública avanzou notablemente nas últimas décadas, froito da loita que moitas mulleres mantiveron e manteñen por acabar coa exclusión á que as foi sometendo o réxime patriarcal. Este avance, tan xusto para nós e tan saudable para o conxunto da sociedade, estase a producir, aínda, de xeito deficitario e desigual e, sobre todo, a costa do desgaste que supón superar as trabas estructurais e a marxinación simbólica que a sociedade tenta impoñernos.
Desde as institucións, desenvolvéronse catro Plans de Igualdade (en 1988 se iniciouse o 1º, e en 2006 finaliza o 4º) que tiveron como obxectivos fundamentais eliminar as disposicións legais discriminatorias, fomentar o reparto equilibrado de responsabilidades, tanto públicas como domésticas, e impulsar cambios normativos e medidas laborais e asistenciais que facilitasen a compatibilidade da vida laboral e familiar. Na mesma liña, aprobouse a Lei de Conciliación da vida Laboral e Familiar que nos próximos meses se vai modificar no Parlamento.
E nós, conciliar..., conciliamos. Ese é o problema. Quen concilia maioritaria e abrumadoramente, somos nós. É máis, conciliamos todas as cargas domésticas (tarefas, responsabilidades e coidados) co noso traballo, o noso compromiso socio-político,... Conciliamos tanto, e o tema é tan vello, obsoleto e penoso, que sona como se se tratase de outro concilio. Pero o que queremos é conciliar menos e vivir máis. É dicir, queremos conciliar a nosa vida social, profesional, sindical e familiar coa nosa vida persoal.
Pero, para iso, cómpre que en todos os ámbitos VAIAMOS A MEDIAS. Para iso, precísase que os gobernos se comprometan na nova Lei con verdadeiros avances, distinguindo claramente o que son políticas da familia e políticas das mulleres. Para iso, é imprescindible a corresponsabilidade dos homes no ámbito doméstico, porque se non imos a medias, quizás outro mundo sexa posible fóra, de cara á galería, pero no mundo real, o noso mundo diario e cotiá, seguirá sendo un ámbito de explotación, apropiación e inxustiza.


 

E-mail de Contacto | Aviso Legal