8 DE MARZO  
8 de marzo 2018
8 de marzo 2017
8 de marzo 2016
8 de marzo 2015
8 de marzo 2014
8 de marzo 2013
8 de marzo 2012
8 de marzo 2011
8 de marzo 2010
8 de marzo 2009
8 de marzo 2008
8 de marzo 2007
8 de marzo 2006
8 de marzo 2005
8 de marzo 2004
8 DE MARZO 2004

Goza das diferenzas. A discriminación mata.

A natureza crea diferenzas, a biodiversidade e imprescindible para impulsar e recrear a vida sobre o planeta. A nosa cultura forza a cada ser humano, que en si mesmo é distinto único e distinto a todos os demais, a reducir esa diversidade, a dous xéneros estereotipados: masculino ou feminino. Creamos a diferenza xenérica empobrecéndonos como persoas, limitándonos, e converténdonos en seres dependentes e deficitarios. Esa diferenza creada artificialmente entre o masculino e o feminino, establécese ademais de forma xerárquica sobre valores de superioridade e inferioridade que xustifican o sistema de dominio-submisión.
A diferenza sexual é a primeira que aprendemos, e sobre ela, coas mesmas connotacións de poder-submisión, valorazón-devaluación, imos asentando o resto de diferenzas. Moitos rapaces xustifican os seus comportamentos violentos ante a "provocación" que representa para eles que as rapazas non respondan ao rol asignado. A fráxil e forzada heterosexualidade reséntese ante a existencia de rapaces e rapazas diferentes. Ao magrebí colocámolo no "seu sitio" chamandolle "mouro". Aos xitanos deixámoslles claro "o que son" cando a un neno suxo lle chamamos así.
O conflicto provocado polas diferenzas convértese en violencia cando se interpretan non como unha riqueza, se non como unha expresión de inferioridade do "outro". A orixe da violencia é pois, a incapacidade de recoñecer ao outro diferente como a un igual. Este sentimento leva a vivir as diferenzas como unha ameaza, un estorbo ou un motivo de inquedanza, e as súas consecuencias van desde a ignorancia ou negación das outras persoas, ata a infravaloración ou a exclusión mediante diversas formas, entre as cales, a agresión física é a máis extrema. A discriminación mata, por pequena que sexa, porque en si mesma xa é a negación do outro.
Con este lema queremos denunciar a violencia que xera calquera tipo de discriminación. É un camiño colectivo e tamén individual. Por iso parécenos imprescindíbel que todas as persoas, e máis as que nos adicamos á educación nos pregúntemos, desde a honestidade do profundo do noso ser, que é o que se move no noso interior para que as diferenzas, case calquera diferenza, nos provoquen conflicto.
Por todo isto, cremos que a alternativa de educar para nos desenvolver como seres únicos, distintos e diversos, aprender a respectar as diferenzas, e máis aínda, a valoralas e gozalas, non é só o verdadeiro sentido da educación, se non o mellor medio para lograr unha cultura da paz e de respecto entre os seres humanos.


 

E-mail de Contacto | Aviso Legal