8 DE MARZO  
8 de marzo 2017
8 de marzo 2016
8 de marzo 2015
8 de marzo 2014
8 de marzo 2013
8 de marzo 2012
8 de marzo 2011
8 de marzo 2010
8 de marzo 2009
8 de marzo 2008
8 de marzo 2007
8 de marzo 2006
8 de marzo 2005
8 de marzo 2004
8 DE MARZO 2011
FAITE VER

Propostas didácticas


Unidade didáctica para Infantil e Primaria

Unidade didáctica para Secundaria

8 de marzo de 2011, cen anos despois daquela primeira celebración en Europa do Día Internacional da Muller en marzo de 1911,a proposta de Aleksandra Kollontai, segue pendente o obxectivo de visibilizar, de recuperar a historia das mulleres; segue pendente recoñecer, valorar e empoderar o papel das mulleres na sociedade. Se facemos un repaso do que sabemos da historia da humanidade observando os libros de historia, de ciencias, de filosofía..,   danos a sensación de que as mulleres non existiron, de que se silenciou o seu   relevante papel na política, na economia, na educación; danos a sensación de que non participaron na historia ou no mantemento da vida ou no benestar das persoas. Especialmente dramática foi a dobre invisibilidade das mulleres que non se axustaban ao modelo normativo heterosexual como lesbianas ou transgénero.

Hoxe, a pesar dos indubidábeis avances conseguidos na igualdade legal, séguese invisibilizando ás mulleres. un exemplo claro é o traballo doméstico realizado fundamentalmente polas mulleres e que pasa á esfera da invisibilidade económica e do modelo produtivo: se os indicadores da macroeconoía contabilizasen esta achega das mulleres suporía máis do 25% do PIB. Se invisibiliza socialmente ás mulleres cando non se recoñece a importancia do traballo de coidados e reprodutivo.Se invisibiliza ás mulleres cando as institucións lexislan sen realizar os pertinentes informes de xénero.Se invisibiliza socialmente ás mulleres cando non se recoñecen os condicionantes culturais e sociais que impiden que as mulleres accedamos aos cargos públicos e aos postos de dirección en igual número que os homes. A invisibilidade é unha situación de discriminación provocada por séculos de cultura patriarcal e machista que hai que erradicar.

Neste 8 de marzo de 2011, as mulleres estamos a ser dobremente afectadas por unha crise sistémica que non provocamos e por uns proxectos de axuste que o Goberno   impón para a resolver. Antes da crise, as mulleres xa padeciamos máis precariedade laboral, menor taxa de actividade, menores prestacións sociais e salarios máis baixos. Isto só   pode explicarse porque o actual sistema capitalista fixo das mulleres o tipo de traballadoras idóneas para os seus intereses, é dicir, somos as traballadoras   que producimos máis beneficio e ofrecemos máis flexibilidade e versatilidade no traballo. Coa escusa da crise o Goberno suprime organismos creados para o fomento da igualdade real, adíanse medidas acordadas para incrementar a corresponsabilidade, baixan os salarios, refórmanse as pensións, recortase o investimento público nos sistemas de protección social… As consecuencias para as mulleres son inmediatas:

Medra o traballo gratuíto e invisíbel no fogar por causa dos recortes sociais.

Medra o número de mulleres en sectores informais e feminizados da   economía.

Medra o número de mulleres sen posto fixo, mal pagadas, sen prestacións sociais, con emprego a tempo parcial, traballadoras a domicilio, subcontratadas etc.

Se precariza o estado de benestar e estráganse as relacións persoais nas parellas.

Increméntase a violencia machista, o acoso e a explotación sexual.

E…cando só levamos un mes de 2011, temos que lamentar o elevado número de 8 mulleres asasinadas por violencia machista en España.

Desde a Asemblea de Mulleres do STEG apostamos, xa que logo, pola transformación do actual modelo socioeconómico, capitalista e patriarcal, que está a demostrar a súa incapacidade para dar resposta ás necesidades das persoas e á ancestral discriminación que sofremos as mulleres.

                                                                      8 marzo 2011

STEG Informa
Especial 8 de marzo

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal