8 DE MARZO  
8 de marzo 2017
8 de marzo 2016
8 de marzo 2015
8 de marzo 2014
8 de marzo 2013
8 de marzo 2012
8 de marzo 2011
8 de marzo 2010
8 de marzo 2009
8 de marzo 2008
8 de marzo 2007
8 de marzo 2006
8 de marzo 2005
8 de marzo 2004
8 DE MARZO 2012
EN IGUALDADE NIN UN PASO ATRÁS
 
O Día Internacional das Mulleres, significa recoñecer e recoñecernos na historia das mulleres, historia repleta de vindicacións, de loitas por conseguir unha sociedade xusta, con dereitos laborais, económicos, políticos, sociais e culturais que sexan para as mulleres igual que para os homes.

Isto significa atopar hoxe razóns persoais e colectivas para resistir, e para avanzar na transformación social, para cuestionar a ancestral división sexual do traballo e, o máis urxente agora, para facer fronte ás políticas públicas que os gobernos nos están a impoñer coa desculpa da crise, que ignoran o impacto dramático que as devanditas políticas teñen sobre a vida e os dereitos das persoas e moi especialmente das mulleres.

Parece ser que a prioridade dos nosos gobernos e o obxectivo que din perseguir, coa aplicación dos recortes e das medidas de axuste presupostario, é reducir o déficit público. O que non se atreven a dicir tan claramente é que pretenden aniquilar dereitos, desarticular servizos públicos, desprestixialos para poder privatizalos, en definitiva: abrir novas vías de negocio aos mercados. Ademais, están a poñer todo o seu empeño en facer crer á cidadanía que a igualdade real é algo accesorio, marxinal, que non ten que ver nada coa situación social e económica actual, un luxo no que non paga a pena investir diñeiro público. De todo iso citaremos só algúns elocuentes exemplos.

Os recortes en Dependencia significan que o dereito ao coidado cambaléase. O coidado de familiares dependentes con grave ou moderada minusvalidez, polo que non se recibirá ningún tipo de axuda, se fará a custa do traballo gratuíto das mulleres xa que son maioritariamente (82%) os que o asumen, o seu traballo sen remuneración suporá para o Estado o 2% do PIB.

A ampliación do permiso de paternidade quedará aprazado, unha vez máis. Isto non só supón escamotear un dereito elemental, moi precario aínda, dos pais a coidar das súas fillas e fillos, senón que ademais, este atraso ten un impacto decisivo na pervivencia dos roles de xénero, na desigualdade salarial e na exclusión das mulleres do emprego de calidade, ao ser elas consideradas "menos dispoñibles" que os homes á hora de acceder ao mercado de traballo.
A supresión de organismos e institucións encargados de promover a igualdade real entre mulleres e homes, ou de protexer as mulleres vítimas de violencia machista, violencia que asasina cada ano a un bo número de mulleres e cuxa causa subxacente está na desigualdade estrutural do modelo patriarcal da nosa sociedade. Aínda que se trata de vidas humanas, a súa erradicación non parece ser unha urxencia nin para os mercados, nin para os gobernos.

Este 8 de marzo de 2012, Día Internacional das Mulleres, dende a Asemblea de Mulleres do STEG rexeitamos todas as medidas de axuste e todos os recortes que se nos impoñen para saír da crise, porque non só non a van resolver senón que a van a agravar, e multiplicarán as desigualdades e a exclusión de moitas persoas, especialmente mulleres: nais soas, mulleres emigrantes, novas e anciás. Ademais, supoñen un paso moi importante na consolidación dun sistema económico perverso que se aproveita e se cimenta na división sexual do traballo e das dobres presenzas das mulleres dentro e fóra de casa. EN IGUALDADE, NIN UN PASO ATRÁS!!

STEG Informa
Especial 8 de marzo
Anterior

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal