25 DE NOVEMBRO  
25 novembro 2018
25 novembro 2017
25 novembro 2016
25 novembro 2015
25 Novembro 2014
25 Novembro 2013
25 Novembro 2012
25 Novembro 2011
25 Novembro 2010
25 Novembro 2009
25 NOVEMBRO 2012
VIOLENCIA DE XÉNERO, NON!
Propostas didácticas

Unidade Didáctica Primaria
Unidade Didáctica Secundaria

 

 

O machismo mata, cobrouse a vida de 871 mulleres desde 1.999 no Estado Español, 44 neste ano. Todas estas mulleres asasinadas parece que non son suficientes para que a sociedade reaccione e esixa aos gobernos políticas reais e efectivas que rematen con esta lacra, denunciando as mentiras da Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que promete unha rede de casas de acollida, cando foi o seu propio partido o que as foi pechando nas diferentes autonomías onde goberna.

Estamos a vivir momentos duros, de grandes retrocesos sociais que merecen o rexeitamento social e convídannos ao activismo nas rúas, nas redes sociais. Manifestámonos e mostramos a nosa indignación contra os recortes sociais e laborais, as políticas de apoio á banca e o castigo a quen menos ten. Indignámonos ante a a corrupción dos gobernos e o desmantelamento do sistema de benestar. Pero a violencia contra as mulleres segue sendo un tema ninguneado e invisibilizado. A sociedade parece anestesiada ante cada nova agresión, cada nova vítima, mentres o goberno estatal recorta un millón de euros nos orzamentos para a asistencia ás vítimas ao tempo que, sen pudor algún,proclama o seu compromiso na loita contra a violencia de xénero.

Para a Asemblea de Mulleres do STEG é impensable unha sociedade democrática se non se erradica a violencia e a discriminación de que somos obxecto as mulleres. Por iso, esiximos dos gobernos central e galego un verdadeiro compromiso político para promover a prevención da violencia desde a educación, a adopción de medidas efectivas, reais e coa correspondente dotación orzamentaria para combater a violencia contra as mulleres en todas as súas formas e manifestacións.

Queremos construír unha nova orde social onde as mulleres teñamos as mesmas oportunidades e dereitos que os homes e esiximos o noso dereito a unha vida libre de violencias baseada no respecto á diversidade. A violencia contra as mulleres compete a toda a sociedade, non só á metade dela. En todo o noso activismo, en toda manifestación, en toda axenda política o obxectivo prioritario ha de ser a loita para a erradicar. Non consentiremos que se siga invisibilizando que o machismo mata e que a única forma de o parar é investir en igualdade.

Asemblea de Mulleres, 25 de novembro de 2012

 

 

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal