25 DE NOVEMBRO  
25 novembro 2018
25 novembro 2017
25 novembro 2016
25 novembro 2015
25 Novembro 2014
25 Novembro 2013
25 Novembro 2012
25 Novembro 2011
25 Novembro 2010
25 Novembro 2009
25 NOVEMBRO 2015
SEGUIMOS EN LOITAS CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS


 

A Organización de Mulleres da Confederación Intersindical, outro 25 de novembro máis, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, fai un chamamento a todos os axentes da comunidade educativa invocando a transcendencia e potencialidade que a educación encerra para erradicar unha das maiores e máis perniciosas lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara ás mulleres. Unha violencia que se produce en todos os ámbitos da sociedade. De xeito explícito a través dos malos tratos, os feminicidios, a explotación e tráfico con fins sexuais, nos conflitos armados ou no acoso sexual; e de xeito simbólico a través dos medios de comunicación, a violencia desculpada nas tradicións culturais e relixiosas ou a violencia institucional tolerada e silenciada.

Con esta finalidade dirixímonos a vós, alumnado, profesionais da docencia e da orientación nos centros, e ofrecémosvos esta nova contribución a esta tarefa educativa mediante esta proposta didáctica, con actividades para traballar na aula estruturadas por ciclos: infantil, primaria, secundaria, bacharelato e educación para persoas adultas.

Con estes materiais pretendemos contribuír a configurar un curriculum non sexista, onde se supere a histórica invisibilidade das mulleres e onde se ensine e se aprenda a construír a igualdade entre mulleres e homes. Queremos achegar materiais e estratexias que permitan detectar e combater situacións e condutas que levan á violencia contra as mulleres; materiais e estratexias que fomenten, ao mesmo tempo, cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que nos fagan quen de construír unha convivencia entre todas as persoas rexida polos principios de xustiza social, equidade e igualdade. Concienciémonos e eduquemos as nosas mozas e mozos para iso. ¡Seguimos en loita contra as violencias machistas!

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal