25 DE NOVEMBRO  
25 novembro 2017
25 novembro 2016
25 novembro 2015
25 Novembro 2014
25 Novembro 2013
25 Novembro 2012
25 Novembro 2011
25 Novembro 2010
25 Novembro 2009
25 NOVEMBRO 2016
VIVAS, LIBRES E EMPODERADAS

Unidades didácticas para o 25 N



Dende a Asemblea de Mulleres do STEG queremos presentarvos as actividades para o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación das Violencias contra as mulleres.

Dende hai anos as mulleres estamos a reivindicar a recuperación, nuns casos, ou a concesión, noutros, de dereitos que o patriarcado no seu intento de someter as mulleres nos arrebatou. Lonxe de dobregármonos, unímonos para loitar polos nosos dereitos e dende os movementos feministas mobilizámonos e erguémonos para dicir “xa abonda”.

Queremos que vexades estas actividades como unha loita máis porque estamos convencidas de que a educación é todo, e sen unha intervención coeducativa na escola esta lacra das violencias (físicas, psquicas, estruturais e simbólicas) non desaparecerá. Todas somos mestras e coas nosas propostas educativas pretendemos derrubar a estrutura do patriarcado, conscientes de que non será fácil. O esforzo é conxunto.

Propoñémosvos que traballedes con elas, que lles deades difusión polas redes sociais, que llelas enviedes a todas aquelas persoas que vos apeteza. Presentádellas no voso centro a aquelas persoas que saibades que poidan traballar con elas. E cecais tamén podedes imprimilas e deixalas na mesa da sala de profesorado ou na cortiza.

A loita é de todas e todos!

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal