PARA LER  
XELA VOLVEUSE VAMPIRA!!
Fina Casalderrey 
Baía Edicións

A protagonista do libro é mestra e é unha muller que sofre malos tratos. Neste libro trátase o tema dende o punto de vista da inocencia das súas alumnas e alumnos.

Mestura de realidade e inxenuidade, pretende romper coa tendencia dos contos infantís de roles estereotipados. Tenta así imaxinar un mundo de igualdade entre os homes e as mulleres, adaptado ás lectoras e lectores dende o primeiro ciclo ata o derradeiro curso do terceiro ciclo de educación primaria.


 

E-mail de Contacto | Aviso Legal