PARA LER  
O CLAN DA LOBA
Maite Carranza

Temos en galego o primeiro volume da triloxía desta antropóloga catalá, profesora de instituto, inspirado na tese da antropóloga Margaret Murray que defendía a idea – nunca demostrada- da supervivencia de antigas sociedades matriarcais. A protagonista é unha adolescente que descubre que pertence a unha xenealoxía de mulleres bruxas, que non son senón mulleres sabias que, por medio da transmisión oral, transmiten os seus coñecementos e poderes ás agachadas dos homes. Un libro que se está a converter nun best-seller xuvenil, na que a protagonista o é por méritos propios, e non por ser a moza dalgún afamado aprendiz de bruxo... Unha excelente alternativa para o noso alumnado tan pouco afeito a tramas nas que as heroínas e as súas rivais sexan mulleres. Pode que ao lelo, ademais de disfrutalo, entendan aquilo do déficit de representación das mulleres en todos os ámbitos, incluída a literatura de aventuras.


 

E-mail de Contacto | Aviso Legal