PARA LER  
O SEGUNDO SEXO:
Simone de Beauvoir

60 anos despois da súa publicación, aproveitamos a saída do prelo en galego desta obra fundacional da chamada “segunda vaga feminista” para recomendar, unha vez máis, a súa lectura. Neste primeiro tomo -aínda teremos que esperar para ler o segundo na nosa lingua- a autora deconstrúe os grandes discursos occidentais para analizar o que é a muller. Unha análise brillante, con plena vixencia 60 acelerados anos despois, sobre como a bioloxía, a psicanálise, o materialismo histórico e a mitoloxía contribúen a construír un discurso no que a dualidade home-muller non é fonte de relatividade e reciprocidade, senón que un sexo, o masculino, constitúese como o esencial, e outro, o feminino, como alteridade pura. Unha obra fundamental para deconstruír o proceso de socialización que nos conforma como o “outro” sexo, e podermos construír a nosa identidade desde os nosos propios criterios. Porque se “non se nace muller, chégase a selo”, teremos que ser nós mesmas que nos fagamos ao noso gusto, con ferramentas tan poderosas como esta obra.


 

E-mail de Contacto | Aviso Legal