PARA LER  
COEDUCACIÓN AFECTIVO-EMOCIONAL E SEXUAL
SGI - Xunta de Galiza

O SGI vén de tirar do prelo esta guía realizada polo Grupo Lúa Crecente, constituído por catro mulleres que nos ofrecen un valioso recurso para a intervención coeducativa no ámbito afectivo-emocional e sexual. Dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 11 anos, o contido da guía responde a un modelo de intervención educativa no ámbito das actitudes, fundamentado nos principios da psicoloxía dinámica. Un traballo que parte da consideración de que o que sentimos as persoas, cara nós mesmas e cara as demais, é o que nos predispoñen a actuar e o que determinan o noso grado de satisfacción e benestar. A iniciativa de elaborar esta guía responde ao intento de satisfacer a necesidade de recursos que se precisan na escola para un labor educativo de tanta responsabilidade como este, coa garantía que dá o feito de teren sido levado ás aulas por compañeiras e compañeiros nosos antes de seren definitivamente incluídos na guía.


 

E-mail de Contacto | Aviso Legal