PARA LER  
LAS COSAS QUE LE GUSTAN A FRAN
Berta Piñán
A editorial Hotel Papel inicia a colección Violeta Infantil buscando dar resposta a unha demanda de libros para educar en igualdade, lamentabelmente escasos. Herdeira de iniciativas anteriores como a colección de contos “ A favor de las niñas”, aspira a publicar libros en que as nenas son as heroínas e non as princesas, nin as amigas boas que axudan pero ás que nunca se lles ocorren as ideas. Contos en que os nenos xogan ás comidiñas, ou son tímidos e pouco activos, en que seguen a unha nena nas súas aventuras, en que os príncipes son salvados polas princesas… A colección asume que na meirande parte dos contos atopamos unha imaxe moi estereotipada das personaxes femininas e masculinas, que ensinan aos nenos e nenas como deben de ser e comportarse dacordo co seu sexo, conseguindo non só reflectir a realidade que nos rodea, senón contribuíndo a que a desigualdade se manteña.
Contos como “Las cosas que le gustan a Fran” son imprescindíbeis para que todas as nenas e nenos sintan que hai máis familias como as súas, cando a súa non se axusta ao modelo estándar da nosa sociedade. Unha realidade dabondo coñecida, pero aínda non recoñecida en moitos dos ámbitos desde os que se lexitiman e validan uns modelos por riba doutros, privilexiando aqueles que se axustan á norma.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal