PARA LER  
O CLUB DA CALCETA
María Reimóndez
Ed. Xerais
 Tecer relacións e solidariedades, tecer para lembrar, tecer para esquecer, tecer para mudar, tecer como Penélope…
Vidas dispares de mulleres diferentes enlázanse nun novelo de lá de autoconciencia e afán de superación. A calceta como actividade sanadora, porque recupera as mans e deixa a cabeza voar, porque se comparte tempo sen présas, porque nos retrotrae ao tempo dos traballos comunitarios das mulleres onde coas prendas de vestir ou do fogar se tecían tamén os afectos e a vida.
Un curso de calceta reúne ás protagonistas da novela, que van narrando de unha en unha e en primeira persoa os avatares das súas vidas, tomando conciencia das situacións de inxustiza e discriminación que sofren. A partir de aquí as transformacións individuais e do grupo son sorprendentes e inesperadas.
A novela ten certas doses de intriga, resulta entretida e doada de ler e serve para deitar a mirada crítica sobre moitas situacións que vivimos as mulleres na nosa sociedade.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal