PARA LER  
A PALABRA DAS FILLAS DE EVA
Teresa Moure. Editorial Galaxia
“Dos cadernos de anotar a vida”, así de suxestivo é o título que Teresa Moure lle dá a eses capítulos literarios que balizan unha interesante análise sobre o sexismo da linguaxe. Esta combinación de literatura e ensaio é en si mesma metáfora das teses que a autora sostén.
Supón a superación da rixidez do discurso académico masculino, demostrando que o diferente non é inferior ou desaxustado, senón outro xeito de mirar, de pensar e de expresar.
Recuperar a palabra perdida das mulleres, estudar as diferenzas entre linguaxe masculina e feminina e reivindicar unha nova linguaxe como motor de cambio do mundo, son algúns dos aspectos que atoparemos nesta obra.
A formación académica da autora, Doutora en Lingüística Xeral, lexitima un discurso sempre denostado nese eido. A súa faceta de escritora de ficción convirte a obra nun texto ameno e versátil rescatándoo da rixidez propia do ensaio.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal