PARA LER  
EL DIARIO VIOLETA DE CARLOTA
Gemma Lienas
Ed. Alba
O diario violeta de Carlota non é unha novela, tampouco un diario íntimo calquera: estamos ante unha guía subversiva que nos convida a reflexionar as veces con humor, outras con rabia e moitas veces con impotencia sobre a situación das mulleres no mundo actual.
Carlota, unha rapaza de catorce anos, animada polo xogo que lle propón a súa avoa, comeza a observar o mundo que a arrodea coas “gafas violeta” e comproba como situacións que parecían incuestionábeis resultan inxustas e discriminatorias coas mulleres.
Ideal para traballar desde o primeiro curso de secundaria. Ten a virtude de ser un libro sinxelo, doado de ler, con unha linguaxe próxima para as/os adolescentes e que consigue ao mesmo tempo abrir a mente a todo un mundo de reflexións e realidades desde a chamada perspectiva de xénero.
Libro escrito orixinariamente en catalán, só lamentamos non dispoñer dunha tradución ao galego desde esta lingua.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal